Co lema "Non olles a outro lado", a curtametraxe contou coa participación no guión e na interpretación do Clube da lingua. Canto Galpón é un colectivo de humor na internet formado por xente nova de Vila de Cruces. A súa páxina http://cantoghalpon.gal/.
Este proxecto é o resultado da implicación do Clube da Lingua-Equipo de Normalización no proceso de elaboración do Plan de Convivencia do IES Marco do Camballón impulsado pola propia comunidade escolar. Estímase que un 7% do alumnado galego sofre acoso escolar e este audiovisual procura concienciar para a participación do alumnado na resolución de conflitos relacionados con este tema de violencia entre iguais. O Clube da Lingua ten como obxectivo a elaboración de proxectos de participación social para a normalización da lingua galega e significa o IES de Vila de Cruces como un dos centros máis innovadores no fomento da lingua para a mellora da calidade educativa, polo que ten recibido diversos recoñecementos institucionais e sociais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario