domingo, 20 de octubre de 2024

Alumnado do Camballón, formadores de regueifa en Xinzo de Limia.

Cinco alumnos e alumnas do Camballón viaxaron a Xinzo de Limia para impartir dous obradoiros de regueifa e improvisación oral nos institutos Cidade de Antioquia e Lagoa de Antela. 


O alumnado do Camballón impulsa un proxecto que deron en chamar "RegueiNovxs" para dinamizar a regueifa entre a xente nova e vincular a lingua galega coa tradición e a modernidade.

Nos obradoiros explicouse a orixe da regueifa ou a importancia da poesía oral no entroido do Ulla. Así realizaron unha mostra dun atranque improvisado ao xeito dos xenerais de Merza.

Despois de explicar a técnica da improvisación en verso, fixeron varios xogos de improvisación e animaron a improvisar ao alumnado de Xinzo que deu os seus primeiros pasos regueifando.







No hay comentarios:

Publicar un comentario