"Neogaleg@s. @s nov@s fill@s da lingua" é o documentario que estivemos a gravar como actividade final da Aula de Acollida Lingüística do IES Marco do Camballón con alumnas e alumnos recén chegados. As súas reflexións sobre a nosa lingua foron brillantes e sorprendentes. Nerea Fiúza, exalumna e colaboradora do Clube da Lingua, está ao mando do documentario. Sempre é unha garantía de calidade superior o teu traballo, compañeira!
Tamén estivo botando unha man Sara, a mestrinha, que trouxo uns diplomas de OG, Orixinal Galego, para este alumnado que xa se sente galego. A nosa lingua é fundamental para unha socialización equilibrada.


No hay comentarios:
Publicar un comentario