jueves, 25 de junio de 2026

Proxecto Ríos: Toiriz

 

Durante o mes de maio o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato participou nunha andaina a Toiriz enmarcada no Proxecto Ríos. Guiados por Alberto, chegamos á area recreativa, donde os nosos rapaces e rapazas estudaron a fauna, a flora e calidade da auga.  Durante a xornada leváronse a cabo análises en situ, por exemplo, do pH e da concentración de sulfatos e nitratos. Estas análisis completáronse con outras no laboratorio do centro, nas que se determinaron, entre outros, os cloruros. En fin, foi unha xornada de disfrute na que, ademais de fomentar a actividade física e o coidado do medio ambiente, se puxeron en funciamento capacidades científicas como a observación, a experimentación e extracción de conclusións.



No hay comentarios:

Publicar un comentario