Onte, 7 de maio, lanzamos nas instalacións do IES Maruxa Mallo
(Ordes) a cápsula estratosférica MarumaSat III, con varios experimentos
científicos a bordo. A cápsula incluía sensores de ozono e radiación
ultravioleta, sensores atmosféricos, unha placa solar en probas, unha
incubadora para un ovo de abella obreira, unha cámara de vídeo e varios
dispositivos de localización.
O lanzamento tivo lugar ás 12 h
pero, fatalmente, deixamos de recibir información da súa posición cando a
cápsula voaba a un 137000 m de altitude. Con todo, puidemos seguir o
seu traxecto ata a Serra de Outes, onde estimamos que puido tocar terra.
Nestes
momentos descoñecemos o seu emprazamento pero estamos facendo un
chamamento a todas as persoas que a poidan ver para que avisen a algún
dos tres centros participantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario