lunes, 14 de mayo de 2018

Unha de morcegos!!


O venres 11 de maio visitounos a bióloga Tamara Casal, membro da asociación Morcegos de Galicia,  que leva a cabo accións de investigación, divulgación e conservación de morcegos dentro do proxecto “Morcegos de Galicia”.
Tamara deunos unha charla á que asistiu alumnado de 1º, 3º e 4º de ESO. Nela falounos dos distintos tipos de morcegos, dos seus hábitats, da súa alimentación, do número de especies (en Galicia viven 23 especies diferentes!) e dos mitos falsos que circulan acerca deles e que fan que moita xente os vexa con malos ollos. Tamén nos falou da ecolocalización e mostrounos algúns dos utensilios de que botan man os investigadores cando fan o seu traballo de campo.
O contido da charla completouse coa exposición duns paneis informativos que nos facilitou a asociación.
Aquí vos deixamos unha ligazón á páxina da asociación onde podedes atopar máis información,
                                   http://www.morcegosdegalicia.org
e unha suxestión de lectura: o libro de relatos sobre morcegos El dilema de Spallanzani, escrito por Roberto X. Hermida, membro destacado da asociación, biólogo e lector empedernido que falando da súa infancia nos ofrece unha fórmula infalible para pasar a nenez máis divertida posible e poñer os alicerces para unha idade adulta plena: que a infancia transcorra lendo e xogando na natureza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario