martes, 26 de marzo de 2019

Representación da Cistellaria de Plauto



Este luns 25 de marzo, as alumnas e alumnos de Latín, Grego e Artes Escénicas do IES "Marco do Camballón" fixemos unha excursión a Ourense para asistir á representación da Cistellaria de Plauto a cargo de SV Producciones. Despois dun breve paseo polo casco antigo da cidade, dirixímonos, gozando dunha temperatura e un ceo espléndidos, ao Auditorio Municipal, onde coincidimos con centos de alumnas e alumnos doutros centros de ensino secundario de Galicia. A obra non defraudou e a vis comica de Plauto espertou as gargalladas dun público entregado 2200 anos despois da estrea da obra. Teresa Amado, organizadora deste evento, emprazounos para o vindeiro ano no que se celebrarán os primeiros 20 de existencia do Festival de Teatro Clásico de Lugo. Parabéns pola efeméride, intentaremos formar parte dela.


No hay comentarios:

Publicar un comentario