Rematou
a primeira fase do concurso Odisea 2014 e dous equipos do IES Marco do
Camballón acadaron a máxima puntuación posible (conseguírono só 15 dun total de
265). É dicir, que por segundo ano
consecutivo haberá representación dos estudantes de Vila de Cruces na final
autonómica do vindeiro mércores. E igualmente parabéns ao noso terceiro
equipo, que fixo un estupendo traballo e ficou a tan só seis puntos dos setenta
e nove que dan acceso ao desempate final. Mais non marchan coas mans baleiras; levan
como galardón o aprendido nestes días de investigacións, de nervios e un punto
de rivalidade pero tamén de compañeirismo e de espírito deportivo.
Parabéns e moita sorte na final. Vos podedes!!
ResponderEliminarParabéns e sorte a moreas para o mércores, viaxeiras e viaxeiro!!
ResponderEliminar