Un 28 de xaneiro de 1930 morría o poeta rianxeiro Manuel Antonio con tan só 29 anos. En vida publicou unicamente un poemario, De catro a catro, escrito a bordo do barco Constantino Candeira. Malia
isto, sempre foi considerado un referente indispensable da poesía
galega, mesmo antes de que vise a luz, aínda moi recentemente, a
totalidade da súa obra. Un dos poemas máis célebres desa obra é o que
reproducimos deseguido:
Fomos ficando sós
o Mar o barco e mais nós
Roubáronnos o Sol
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco
Roubáronnos o vento
Aquel veleiro que se evadeu
pola corda floxa d' o horizonte
Este oucéano destracou d' as costas
e os ventos d' a Roseta
ouretáronse ao esquenzo
As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas d' o reloxe
Pero tamén sabemos a maniobra
d' os navíos que fondean
a sotavento d’ unha singradura
N' o cuadrante estantío d' as estrelas
ficou parada esta hora:
O cadavre d' o Mar
fixo d' o barco un cadaleito
Fume de pipa Saudade
Noite Silenzo Frío
E ficamos nós sós
sin o Mar e sin o barco
nós.
O alumnado de 4º de ESO do IES Marco do Camballón, 84 anos despois, meteuse tamén a poeta, imitando, ao seu xeito e segundo os seus intereses -abofé ben distintos dos de Manuel Antonio!!-, o poema anterior. Para descubrirdes o que escribiron, desprazade o rato pola imaxe do poeta:
No hay comentarios:
Publicar un comentario