martes, 12 de mayo de 2026

Teatro foro: o consumismo


Por fin chegou o día! Tras os últimos ensaios, o pasado 10 de abril presentamos o recurso didáctico sobre consumismo creado polo alumnado de 3º ESO e PDC. Unha peza composta por 11 escenas nas que o alumnado deu forma e vida a distintas posibles situacións arredor do tema central. Ademais, prepararon o atrezo, carteis con debuxos e un manifesto a favor do consumo responsable para concienciar aos
compañeiros/as de 2º ESO, que se converteron en espec-actores e espec-actrices!
E iso non é todo! A sesión estivo amenizada pola música do ukelele e mesmo cantamos todos xuntos a modo karaoke a prol dunha forma de vida menos materialista e consumista.

Nas ligazóns podedes ver como foron os ensaios finais e a representación da pezaSen dúbida, unha experiencia moi enriquecedora que non deixou indiferente a ninguén. Con gañas de repetir, damos as grazas a todas as persoas colaboradoras, especialmente ao alumnado pola súa participación e implicación, ao profe Rubén polas súas ideas e melodías e a Ramón por darnos a coñecer o teatro foro e por facelo posible!

No hay comentarios:

Publicar un comentario