martes, 4 de diciembre de 2018

Coñecemos o que nos rodea?

O título elixido fai referencia á biodiversidade natural que forma parte da nosa contorna e que moitas veces pasa desapercibida diante dos nosos ollos.
Esta exposición realizouse coa colaboración do alumnado de 1ºESO co propósito de visibilizar aqueles aspectos que se estudan de forma teórica durante as clases, acerca dos distintos reinos de seres vivos. Neste caso centrámonos nos seguintes reinos: Fungos e Plantas. O alumnado foi o encargado de recoller os exemplares e de elaborar os carteis que sinalan aqueles aspectos destacables dos mesmos.
Expuxéronse fungos, musgos, fentos, hedras, follas de anxiospermas e ximnospermas, sementes de ximnospermas, flores de anxiospermas, ... Cada un destes ten ao seu carón os carteis que marcan o seu nome, o reino ao que pertence e aquelas curiosidades ou partes que o forman.
Dun xeito moi sinxelo, logrouse agrupar de forma práctica moito do coñecemento teórico que o alumnado foi traballando durante as sesións, ademais de contribuír a fortalecer valores como a responsabilidade individual ou a colaboración entre iguais. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario