A biblioteca do IES “Marco do
Camballón” inaugura este mes unha nova sección: a Biblioteca para nais e pais.
A colección atópase na entrada do
instituto e o acceso aos libros é directo e libre. Poden consultarse en calquera
ocasión na que se visite o noso centro e tamén levalos en préstamo por un prazo
dun mes, cubrindo un formulario, que está a disposición de quen o solicite en Conserxería, cos seguintes datos:
1) Título da obra
2) Número de rexistro (é o número
que aparece no interior do selo da portada do libro)
3) Nome, apelidos e teléfono do
usuario.
Facendo click na imaxe de abaixo, accédese ao catálogo desta nova sección, no que se inclúe un breve resume de cada libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario