Mostrando entradas con la etiqueta Club lectura adultos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Club lectura adultos. Mostrar todas las entradas

lunes, 29 de septiembre de 2025

Clud de adultos

 

 Hoxe reuníuse o Club de Lectura de Adultos que están a ler Las gratitudes de Delphine de Vigan, que fala la memoria, do pasado, do envellecemento, das palabras, a bondade e a gratitude hacia aqueles que foron importantes na nosa
vida.

jueves, 22 de mayo de 2025

Misión en Ribadavia

 Hoxe, todos os membros dos distintos Clubs de Lectura do Camballón, teñen unha misión moi arriscada e difícil, para o que recibiron unhas instruccións  moi precisas e unha carta top secret. Están distribuídos en equipas, onde ademáis de
coñecer Ribadavia tamén deben colaborar entre os membros para resolver eficazmente o enigma, Nas máns de: Evanxelista, Pescadores, Taxi, Calavera, Consul  e Médico está axudar a unha persoa cuxa vida está en grave perigro por mor da persecucións nazi, un ser cuxo único crime é pertencer a fe e  a unha comunidade condenada polo odio e o fanatismo. 

viernes, 9 de mayo de 2025

Marco di Murano


 

Onte veu o noso centro Marcos Porto, autor da novela Marco di Murano, que leron os membros dos distintos Club de lectura do centro.





 Na charla, que tivo lugar na aula Manuel Dobarro, falou do proceso de creación e edición do libro.


Tratou aspectos históricos, artísticos e culturais de Venecia, Milán e Florencia,  cidades nas que está ambientada a historia de Marco. Ademais recordounos a importancia de crer en nós mesmos e de que fagamos aquilo que nos apaixone.


Moitas grazas pola túa visita @marcodimurano!

lunes, 13 de enero de 2025

Club lectura adultos


Iniciamos o segundo trimestre retomando o club de lectura de adultos. Nesta primeira sesión do ano comentamos Non penses nun elefante rosa de Antía Yánez e eleximos a nova lectura. Na seguinte sesión falaremos da obra O corpo de Cristo de Bea Lema, Premio Nacional de Cómic 2024.