Mostrando entradas con la etiqueta Convivencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Convivencia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de abril de 2018

Dilemas morais

O pasado venres 23 de marzo tivo lugar unha sesión de TEI para o alumnado de 1º e 3º ESO onde se traballaron os dilemas morais.

lunes, 16 de octubre de 2017

Convivencia con Sevenoaks School

Onte o noso alumnado pudo compartir unha xornada co alumnado de Sevenoaks School procedentes do Reino Unido. Xuntos percorremos a costa dende Muros ata Fisterra. Paramos nas fervenzas do Ézaro, no cabo Finisterre na praia da Langosteira e en Ponte Maceira visitamos A Ponte Vella. Unha excelente experiencia.

viernes, 7 de abril de 2017

Convivencia TEI

O mércores e xoves tivo lugar na contorna do noso centro unha saída para fomentar a Convivencia entre os titores e titorizados do Programa TEI que se puxo en marcha este curso. Participaron dun taller dirixido por Cristina e Agustín onde tiveron nocións de como coidar os nosos montes, puideron comprobar cal é a idade das árbores, visitaron unha reserva de Sobreiras e fixeron unha valoración no monte Redondo.


martes, 1 de marzo de 2016

Segunda sesión de Mediación

Hoxe volveuse a reunir o noso grupo de Mediciacion. Compartimos comida, tertulia e outra tarde inmemorable cos compañeiros do IES Chamoso Lamas de O Carballiño. Moitas grazas por estas sesións onde compartimos, divertímonos, aprendemos e sobre todos convivimos!!

jueves, 18 de febrero de 2016

Convivencia no Camballón

Esta tarde vai ter lugar no noso instituto unha xornada de formación para alumnado e profesorado sobre  mediación.




E así pasou unha tarde moi animada onde aprendemos moitas cousas. Grazas o IES Chamoso Lamas de O Carballiño por esta sesión.