viernes, 23 de septiembre de 2011

CAROLINA SE ENAMORA


Carolina é unha moza como as demais: quere facer máis cousas das que os seus pais lle permiten, a súa paga semanal nunca lle alcanza para todo o que lle gustaría, quere unha moto para poder moverse con liberdade e ten a cabeza chea de ideas propias que nunca encaixan coas dos adultos...

Alegre e optimista, a súa vida transcorre entre as súas amigas, coas que comparte os días e os soños, o instituto, os exames, as festas e a familia. Pronto chegarán os primeiros bicos, roubados na penumbra do portal, a música que soa sempre no momento adecuado e cuxa letra sempre parece contar a súa historia. E o amor? Como é o amor verdadeiro? Cando coñece a Massimiliano parece que a pregunta vai responderse ao fin, pero o que Carolina non sabe é que o amor tamén pode facer moito dano e que non está preparada para o que vai ocorrer...

Carolina namórase é unha viaxe a través dos sentimentos, é unha historia sobre a emoción que sente ao atopar o primeiro amor, sobre a dor, sobre a primeira desilusión, que chega sen avisar e déixache sen palabras, sobre a perda e sobre as múltiples e infinitas caras do amor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario