domingo, 19 de abril de 2015

Clasificación da 8ª Fase

As respostas correctas ás preguntas da 8ª fase son as seguintes:

   1. En novembro de 2014 estreouse unha película baseada nunha novela de Eduardo Blanco Amor e coprotagonizada por Miguel de Lira. Indica cantos exemplares desta novela temos na nosa biblioteca e o/s seu/s número/s de rexistro.

4 exemplares. Nº: 97, 294, 3609, 5566

   2. Como se titula a comedia infantil representada pola Liga de Amigos de Vila de Cruces en 1935?

Un vendedor ambulante

CLASIFICACIÓN

          EQUIPO  
        Puntuación por pregunta
      Total parcial
      Total final
Os nénos
5/5
10
114
Morriña
5/5
10
108
Nosilo
5/5
10
108
  Alex Tintor
5/5
10
65

miércoles, 15 de abril de 2015

Intercambio entre as Bibliotecas do IES Marco do Camballón e o IES Perdouro de Burela

Se descubrides no libro de visitas da Biblioteca

algunhas palabras que vos chaman a atención..., que saibades  que son palabras que viñeron de Burela!
Escritas en árabe, en wolof, en serer, en francés, en portugués por rapazas e rapaces de Senegal ou Cabo Verde, chegaron ao noso instituto facéndonos ver que entre nós vive moita  xente que fala linguas como a nosa...  pero que veñen de moi  lonxe.
Tivemos unha visita moi especial! Un grupo de 17 alumnos de 1º de Bacharelato e 3º de PDC do IES Perdouro viñeron ao noso centro, nun irmandamento entre a nosa biblioteca e a súa, nunha actividade arredor da lingua galega, que implicou tamén o proxecto Palabras de Pedra, do noso instituto, e o Proxecto Neo, de Burela.
Acollemos as nosas convidadas e convidados na Biblioteca e alí intercambiamos experiencias. Nós explicámoslles algunhas actividades que estamos a desenvolver no noso instituto, e eles faláronnos do seu proxecto, baseado na diversidade cultural. Porque Burela é unha vila con moita inmigración e o seu proxecto consiste en poñer en valor a riqueza humana da diversidade, a convivencia entre persoas e culturas diferentes.
Aquí podemos ler un texto que escribiu Elena Valle, alumna do IES de Burela sobre a súa visita ao noso centro:

"No instituto Marco de Camballón, o profesor e un grupo de alumnos do Clube da Lingua explicáronnos o seu funcionamento. O que máis me gustou foi unha actividade de recollida e selección de fotografías de tatuaxes, xa que mobilizaron a poboación para conseguiren máis de cen mostras en menos dun mes. Nós contámoslles o motivo da nosa visita e ensinámoslles algúns traballos (“Panchito” e “Modelo do Século XXI”) protagonizados polo alumnado de 3º de PDC cos que acadaron o premio de Educación sen Fronteiras, nos que se mostra o que eles e elas son: unha nación formada por persoas procedentes de diversos lugares do mundo reunida en Burela, co galego como vehículo de comunicación común."

E aquí tedes as palabras que nos deixaron

lunes, 13 de abril de 2015

CambaNet: 8ª Fase

A continuación publicamos as preguntas correspondentes á 8ª fase (Departamento de Lingua Galega) do concurso CambaNet que deberedes responder entre o luns 13 e o venres 17 de abril. 
   Lembrade que para responder estas preguntas debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades no prazo arriba sinalado. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
       
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:
  • Cada resposta correcta: 5 puntos
  • Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
  • Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación, faranse públicas o domingo 19 de abril.

Para resolver posibles dúbidas, consultade as instrucións nesta ligazón

As preguntas son as seguintes:

1. En novembro de 2014 estreouse unha película baseada nunha novela de Eduardo Blanco Amor e coprotagonizada por Miguel de Lira. Indica cantos exemplares desta novela temos na nosa biblioteca e o/s seu/s número/s de rexistro.

2. Como se titula a comedia infantil representada pola Liga de Amigos de Vila de Cruces en 1935?

domingo, 12 de abril de 2015

Clasificación da 7ª Fase

As respostas correctas ás preguntas da 7ª fase son as seguintes:

1. Nos fondos musicais da biblioteca poderedes atopar un disco chamado “The Wall”, que é un dos máis vendidos de todos os tempos (máis de 33 millóns de copias). Os autores dese disco publicaron en 1994 outro álbum titulado “The Division Bell”, cuxa portada fixo un excelente deseñador gráfico que tamén traballou para grupos de rock como Led Zeppelin, Peter Gabriel, Bad Company, ELO, Scorpions, AC/DC, Black Sabbath, The Cranberries, Mike Oldfield, Offspring, Muse etc. Pois ben, poderiádesnos dicir cal é o nome dese deseñador?

Storm Thorgerson 

2. Entre as películas que temos na biblioteca hai un famoso musical protagonizado entre outros por Gene Kelly e Frank Sinatra e dirixido por Stanley Donen e Gene Kelly no ano 1949. Estes dous últimos, uns anos despois, dirixiron un recoñecido e aclamado musical cuxa canción principal dá título a esta película. Escribe os primeiros cinco versos desa coñecida canción que dá título a este musical (o primeiro empeza por “I'm...” e o quinto remata con “...clouds”)

"I'm singing in the rain
Just singing in the rain
What a glorious feeling
I'm happy again
I'm laughing at clouds"

CLASIFICACIÓN

          EQUIPO  
        Puntuación por pregunta
      Total parcial
      Total final
Os nénos
5/5
10
104
Morriña
5/5
10
98
Nosilo
5/5
10
98
  Alex Tintor
0/5
5
55

viernes, 10 de abril de 2015

Visita a Meteogalicia e ao CIMUS

Este xoves 9 de abril desprazámonos co alumnado de 1º e 2º Bacharelato  a Santiago para facer unha visita ás instalacións de Meteogalicia. Alí nos explicaron as distintas seccións que forman o centro meteorolóxico, a formación académica que ten o persoal que alí traballa, os aparellos de medición e de predición, o funcionamento do propio centro... Aprendimos un bo feixe de cousas sobre o tema e marchamos encantados e con algún que outro regaliño. Moi agradable e didáctica a visita.
Na segunda parte da mañá acudimos ao CIMUS (Centro de investigación molecular e enfermidades crónicas) onde nos guiaron polas súas instalacións, nos explicaron os distintos equipos para realizar as súas investigacións e os seus proxectos de investigación molecular.
En fin, unha mañá moi produtiva para achegarnos ao mundo da ciencia, ciencia que traballa para facer que a vida humana sexa día tra día máis fácil e que se desenvolva con menos incertezas e riscos.

lunes, 6 de abril de 2015

CambaNet: 7ª Fase

A continuación publicamos as preguntas correspondentes á 7ª fase (Departamentos de Música e Plástica) do concurso CambaNet que deberedes responder entre o luns 6 e o venres 10 de abril. 
   Lembrade que para responder estas preguntas debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades no prazo arriba sinalado. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
       
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:
  • Cada resposta correcta: 5 puntos
  • Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
  • Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación, faranse públicas o domingo 12 de abril.