viernes, 27 de mayo de 2016

Excursión a Manzaneda

O alumnado de 1º e 2º de ESO participou durante 3 días na excursión a Manzaneda Verde. A primeira parada foi en Ourense onde puideron disfrutar dunha camiñata a carón do Miño percorrendo dende as pozas da Chavasqueira, a Ponte do Milenio, a Ponte medieval ata chegar a zona vella da cidade.
En Manzaneda participaron en varias actividades: piscina, cars, cabalos, tiro con arco....

viernes, 20 de mayo de 2016

Letras galegas 2016

O alumnado de primeiro de ESO fixo, para conmemorar as Letras Galegas, unha choiva de poemas de Manuel María e que no día de hoxe recitarán aos seus compañeiros e compañeiras e aos profesores e profesoras. A escolla fixéronna coa profe de Lingua Galega e aquí tedes unha mostra.


sábado, 14 de mayo de 2016

viernes, 13 de mayo de 2016

Visita do alumnado da Primeira Mobilidade Erasmus+

Hoxe tivo lugar na aula Manuel Dobarro a recepción de dous alumnos do Ciclo de Soldadura e Caldeirería que rematou a  Primeira Mobilidade Erasmus+ na cidade de Belfast en Reino Unido durante 6 meses. Este programa está solicitado a través dun consorcio entre a Diputación de Pontevedra e varios centros da provincia entre o que se encontra o IES Marco do Camballón. Participa o alumnado que remata o ciclo e ten un período dun ano para poder acollerse a el.  
Dende o pasado 25 de abril  outros tres alumnos do centro participan  na Segunda Mobilidade Eramus+  na mesma cidade.  Queda pendente o destino de outros tres alumnos que  se incorporaran no mes de outubro na Terceira Mobilidade Erasmus+.
O alumnado conta cunha beca de 1600 euros mensuais e o desprazamento de ida e volta incluídos.
Con este programa o alumnado adáptanse as esixencias do mercado laboral a escala comunitaria, adquiren aptitudes específicas e experiencia laboral así como unha preparación e actualización da lingua de acollida (neste caso inglesa que é algo que demanda o sector metalúrxico). 
Diego Filloy e Rafael Viana contáronnos como foi a súa esperiencia durante a súa estancia na costa este de Irlanda do Norte e tamén respostaron a todas aquelas dúbidas que moitos compañeiros/as  do centro.

Parabéns rapaces por esta experiencia irrepetible!!


martes, 10 de mayo de 2016

Reunión Intercentros de Club de lectura

Onte estivemos no Centro Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras onde tivo lugar o I Festival Intercentros de música e poesía de Manuel María dos Club de Lectura dos centros:
IES Mestre Landín de Marín
CPI de Vedra
IES de Cacheiras
IES Antón Losada de A Estrada
IES Marco do Camballón
Fixemos moitas actividades: comezou cun fermoso video de Video de Manuel Maria, información sobre a danza das espadas, atanques, regueifas, rap


Tareixa Novo,  integrante de  Fuxan o ventos, estivo na actividade falándonos de Manuel María e cantamos a o poema o Carro así como o Cucu.


Pasámolo xenial!!

domingo, 8 de mayo de 2016

Regueifesta

E chegou a xente que fala euskera a Vila de Cruces e foi un día moi especial. Eskerrik asko!



2016-05-06 Regueifesta - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Mirade que ben o pasamos!!


 E como non podía ser doutro xeito, deixaron constancia no caderno de visitas da Biblio.


   

Moitas grazas!!