viernes, 4 de marzo de 2022
Obradoiro de Educación Afectivo-Sexual.
Prevención de adiccións con substancia
No mes de febreiro, as titoras de 4º da ESO e o departamento de orientación levamos a cabo un obradoiro de prevención de consumo de drogas co alumnado deste curso. Foron varias sesións nas que se abordou a problemática da adicción con susbtancias, a fin de incidir na súa prevención.
Falamos sobre o tabaco, alcol e drogas ilegais, as súas consecuencias na saúde e o seu impacto na persoa e no ámbito cercano, os factores de risco e de protección, os mitos arredor do consumo destas substancias....todo elo mediante a análise de visualizacións e o intercambio de opinións co alumnado.
Un obradoiro necesario nun momento vital transcendental como é a adolescencia, no que as propias características da etapa e a presión do grupo xogan un papel clave na toma de decisións, favorecendo con este tipo de actividades a perspectiva crítica e responsable ante as mesmas.
Mediación. Fases e representación
Mediación.Conflito e comunicación.
Representamos unha situación conflitiva coa técnica da laranxa, onde o alumnado puido comprobar como ás veces os conflitos se xeran de forma absurda. Así, non debemos obcecarnos na nosa posición, cómpre ser flexibles, escoitar de forma activa e ter en conta tanto os intereses propios como os da outra parte, pois moitas veces a solución é máis sinxela do que parece!
Coa técnica do rumor, o alumnado aprendeu de forma práctica, vivencial e divertida sobre as distorsións na comunicación, que tantas veces xeran malos entendidos e provocan conflitos.
Mediación
Velaquí un vídeo das primeiras sesións da difusión e formación en mediación co alumnado de 1º e 2º da ESO.
Dedicamos
as primeiras xornadas á presentación da mediación como estratexia de
resolución pacífica de conflitos e a falar sobre a importancia da
asertividade e empatía na resolución dos mesmos. Tamén tivemos tempo de
coñecernos mellor, mediante dinámicas como a tela de araña!
Abordamos a intelixencia emocional (identificación, recoñecemento e expresión de emocións) como clave para manter relacións saudables a nivel intrapersoal e interpersoal, aceptando as distintas emocións como válidas e necesarias, e coñecemos a tamén a importancia da mediación como estrutura preventiva fronte ao acoso escolar. Todo isto mediante vídeos e análise de casos de transcendencia mediática, que serviron como marco para o diálogo e reflexión posterior, amosándose o alumnado moi participativo, sensible e empático.