Hoxe tivo lugar na Escola
Infantil de Vila de Cruces o apadriñamento lector que como cada ano fan as alumnas de 1º de TAPDS no alumnado de 1 e 2 anos.

Guiados por Marcos, Yasmín e Daniel, percorremos as terras de Sabrexo onde a parcelaria modificou corredorias e sobreirais, carballeiras e soutos. Grazas as entrevistas descrubrimos moitos datos e inda nos quedan moitos por descubrir. A pesar de todo non perdeu as súas fontes nin moitas das árbores xenlleiras das que podemos disfrutar a día de hoxe. Parroquia con Igrexa, Capela e cheminea de estilo Barroco e onde abunda cerramentos con cachotería ou sillares de pedra. Bo traballo.
Na tarde de hoxe, os nosos guías de Cumeiro, alumnado de Relixión, acompañaron aos compañeiros e compañeiras de 1º de Bacharelato para facerlles unha visita guiada pola aldea de Cumeiro. Neste percorrido falaron da etimoloxía dos nomes que se empregan na parroquia, así como de muiños, fontes, as carballeiras, a Igrexa, o Cruceiro, o reloxo de sol, o castro, as festas e tamén falaron de persoas que destacaron e destacan como o canteiro D. José Taboada Sánchez e o escritor e xurista D. Alfredo García Ramos e o seu irmán D.
José deputado durante a II República.
Ruta