Hoxe o alumnado de portugués 1º e 2º de ESO e a profesora da materia, asistiron a un relatorio interesantísimo sobre: a historia do Brasil, a súa cultura musical e literaria, a variadísima gastromomía, un percorrido polo plurilingüismo, así como unha sinxela, pero moi didáctica explicación da rica mestizaxe e multirracial poboación dese enorme país. Toda esta valiosa información foinos trasmitida por Lucimar Pardo Pardo, brasileira e nai de dous alumnos do centro. O noso profundo agradecemento por adicarnos estas dúas sesións de aula, das que tiramos tanto proveito e da que aprendemos tanto.
miércoles, 8 de marzo de 2023
Historia de Brasil contada por Lucimar
8M
Fortes, valentes, traballadoras, seguras, intelixentes, creativas, imparables, capaces, independentes, honestas, brillantes, poderosas, curiosas, inspiradoras...
Feliz 8M a todas!!!
martes, 7 de marzo de 2023
Proxecto de fin de ciclo medio na época do covid.
Os alumnos non puideron asistir a prácticas en empresas na época do Covid. E a nosa alumna destacada Carolina, presentou un proxecto de maquetas de casas para invidentes feita integrante en metal. Para exemplo este modelo exposto na mesa da zona de lecer da primeira planta. Magnífico traballo Carolina. Parabéns.
Etiquetas:
2º Solca,
Carolina Cabaleiro,
Covid,
Proxecto de fin de ciclo medio
lunes, 6 de marzo de 2023
Reunión do club de lectura de adultos
Os luns, durante o recreo, reunímonos un grupo de nais, avoas e profes que amamos a lectura e a conversa. Admitimos novxs membros!! Se pertences á nosa comunidade educativa e queres perticipar ven uns luns ás 11:30 á biblioteca do centro. Estamos lendo Persépole de Marjane Satrapi e imos empezar La extraña desaparición de Carolina Santomé de María José Viz Blanco, veciña do noso concello. Seguindo a trama deste libro, realizaremos un roteiro litetario en Piloño
jueves, 2 de marzo de 2023
Árbore da Muller
miércoles, 1 de marzo de 2023
Lecturas 8M
Neste mes de marzo temos nos nosos corredores unha exposición de Libros cuxa temática é o 8M, botádelle un ollo por se son do voso agrado. Felices lecturas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)