Este venres iniciamos o taller de costura, dentro da actividade recreos culturais! A nosa profe Maruja, ten un montón de ideas e proxectos!! Imos empezar facendo bolsas a partir de paraugas vellos! Estades a tempo de apuntarvos!! Os venres durante o recreo na aula do alumnado!
viernes, 20 de octubre de 2023
Taller de costura
miércoles, 18 de octubre de 2023
Visita ao CPAP, Bergondo.
Etiquetas:
1º TAPSD,
2º TAPSD,
Bergondo,
centro de Promoción e Autonomía Personal,
CPAP
martes, 17 de octubre de 2023
Visita a Santiago
O alumnado de 3º de ESO visitou o Panteón de Galegos Ilustres que se encontra na Igrexa de San Domingos de Bonaval. Allí descansan os restos de personaxes claves na historia de Galicia: Rosalía de Castro, Castelao, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas, Francisco Asorey e Domingo Font.
Despois foron ao teatro ver a obra "A parábola do angazo", comedia de: Araceli Gonda, Marta Lado, Jose Prieto, Séchu Sende, Diego Rey e Artur Trillo.Nela bótase unha ollada ao noso pasado, para poder ter outra perspectiva do noso presente e mesmo mirar de esguello ao que haberá no futuro.
Días das Escritoras
Durante esta semana temos unha exposición de libros de algunhas escritoras das que podedes ler algunha das súas obras. Hoxe comezamos con libros en galego.
miércoles, 11 de octubre de 2023
Roteiro os tres ríos
"O
alumnado de 4º de ESO de Dixitalización que participa no CP
EduSostibilidade levou a cabo, o 11 de outubro pasado, a andaina pola
ruta que empeza en Ponte Basebe (límite entre o concelllo de Vila de
Cruces e Touro) e remata no merendeiro de Ponte Santaia. Estas rutas
fanse coa idea de poñer en valor a riqueza paixasística na nosa
contorna, para aprender a respectar os entornos naturais e axudar a súa
sostibilidade.
Aproveitamos un marabilloso día de calor para
camiñar os 18 kilómetros do sendeiro (ida e volta, pois a ruta é
circular). Levabamos bolsas e luvas para recoller os posibles plásticos
que puideramos atopar, pero ao final só vimos un pouco de lixo no propio
merendeiro. A ruta está moi ben coidada, sinalizada e goza, a estas
alturas do outono dun verde-amarelo maxestuoso. "
Etiquetas:
CP EduSostibilidade,
Dixitalización,
Ruta Os tres ríos
martes, 3 de octubre de 2023
Móvete

Suscribirse a:
Entradas (Atom)