lunes, 18 de noviembre de 2024

Somos iguais? Prevención da violencia de xénero


 Achégase o 25N, unha data sinalada no calendario por conmemorarse o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. Por este motivo e sendo conscientes da importancia da educación nesta materia, levouse a cabo a actividade "Somos iguais? Prevención da violencia de xénero", impartida por unha psicóloga infanto-xuvenil ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.  

Na sesión, abordouse a cuestión do xénero como constructo social e a súa implicación no feito de ser home ou muller. Pero..., somos iguais homes e mulleres? O alumnado aportou a súa visión e achegouse ao concepto de violencia de xénero, entendida como aquela que se exerce sobre as mulleres polo feito de selo, ou ao consideralas en inferioridade. A este respecto, a violencia non debe tolerarse nas relacións de ningún tipo, tampouco nas relacións de parella, e desto deben ser conscientes homes e mulleres. 

Ter relacións saudables esixe un exercicio de conciencia polas partes implicadas, que pasa, entre outras cousas, por marcar límites claros e non tolerar que estes sexan traspasados. Respectar aos demais e respectarse a un mesmo/a é a base para establecer relacións saudables e en igualdade.  

viernes, 15 de noviembre de 2024

Obradoiro sobre saúde mental


Ao longo deste curso colaboraremos coa Asociación Fonte da Virxe, que levará a cabo unha serie de obradoiros sobre saúde mental, principalmente con alumnado de 4º ESO. 

Nunha primeira xornada introdutoria, a rapazada puido coñecer a labor da asociación e aproximouse ao concepto de saúde e trastorno mental, rompendo estigmas, pois son cuestións que poden afectar a calquera persoa.

Tratouse dunha primeira toma de contacto que terá continuación nos trimestres seguintes, a fin de traballar e fortalecer a autoestima,  habilidades de comunicación e afrontamento da presión grupal, entre outras.

martes, 12 de noviembre de 2024

Repasamos o Pórtico da Gloria













O alumnado de 2º de Bacharelato foi a Santiago, para repasar in situ o Pórtico da Gloria e as distintas fachadas da Catedral. Tamén aproveitaron para ir á Cidade da Cultura e ver as tres exposicións que estaban abertas. 









lunes, 11 de noviembre de 2024

"Si controlas vuelves"


O alumnado de 1º e 2º de FP Básica e 3º e 4º da ESO asistiu hoxe a unha charla impartida por AESLEME, na que se falou de seguridade vial e a incompatibilidade do alcohol e outras drogas coa mobilidade segura, fomentando nos menores a responsabilidade e unha toma de decisións adecuada, que garantan a súa seguridade e a dos demais. 

A rapazada puido coñecer de primeira man as consecuencias dos accidentes de tráfico, a miúdo causados polo consumo de substancias e outros distractores (móbil, manexo da radio...), espertando tamén a súa
conciencia sobre a importancia de empregar os elementos de seguridade de forma adecuada. 

Sen dúbida, é fundamental protexernos, coidar de nós mesmos e dos demais. Porque pasalo ben non está reñido con unha volta segura á casa!

sábado, 9 de noviembre de 2024

Visita á Coruña

 Á excursión foron alumn@s de 1º de bacharelato e da materia Expresión Artística de 4º da ESO.

Acercámonos ao Movemento Renovador no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, así como na Fundación Luís Seoa

ne. Visitamos tamén a fábrica de cerámica O Castro Sargadelos, que foi fundada por artistas pertencentes a este grupo de renovadores.

viernes, 8 de noviembre de 2024

Feminisno na Catedral e na CGAC



 Onte o alumnado de 1º e 2º ESO viaxaron a Santiago para visitar dúas exposición ben distinas pero que se complementan. Por un lado visitamos a Catedral e a súa contorna para ver cal é o papel da muller con artista e/ ou protagonista de obras que se expoñen dentro deste templo. Por outro lado, no CGA asistimos a exposición contemporánea,  O son do mar de Mayte Vieta e Os novos imaxinarios, onde o cine ten cabida.