viernes, 22 de septiembre de 2017

Día do Maior



O 21 de setembro celébrase o día do maior. Esta celebración quere chamar a nosa atención sobre este colectivo por parte da sociedade. O ciclo de atención a persoas en situación de dependencia, quixo poñer en valor todo o que os nosos maiores nos aportan a través dos diferentes murais.
Alumnas de 1º  e  2º Tapsd

viernes, 15 de septiembre de 2017

Por un ano saudable




Comezamos un novo curso traballando os hábitos saudable e que mellor maneira que dando a benvida a toda a comunidade educativa a que colabore a que, alomenos, "Aprendemos a pensar " de xeito saudable.
A ilustración Xosé Tomás,encargado,de realizar a  interpretación gráfica do lema das bibliotecas escolares mostra a amplitud de posilidades que pretendemos ir tocando ao longo deste curso.


viernes, 16 de junio de 2017

martes, 13 de junio de 2017

Premios fotografía

Hoxe entregamos os premios de fotografía do concurso  Ven ver isto, mostra a túa contorna, que patrocinou o concello de Vila de Cruces. Ao acto asistiu o membros do xurado do premio e as gañadoras: Marta Castro (gañadora do 1º premio dotado con 75,50 euros), Uxía Amosa(2º premio dotado con 30 euros) e María Iglesias (3º premio dotado con 30 euros). Parabéns ás gañadoras!!



jueves, 8 de junio de 2017

Poetízate

O alumnado de 1º de ESO estiveron traballando en Lingua Castelá a poesía. Gravaron poemas de varios autores españois e en Iniciación e Tratamento da información ilustráronnos con imaxes. Este foi o resultado.




 







miércoles, 7 de junio de 2017

Proxecto arteferro

Por segundo ano consecutivo a alumnado do ciclo medio de Soldadura e Caldereiría crearon este caderno de actividades  poñendo en práctica todos os contidos dos diferentes módulos formativos que compoñen dito ciclo. Realizaron traballos de soldadura nas distintas posicións ( plano,vertical, cornisa e teito) e cos distintos métodos de soldeo (soldadura oxigas, soldadura por electrodo, soldadura MIG – MAG, soldadura TIG). Realizaron traballos de deseño de planos de diferentes pezas tanto a man, empregando os coñecementos do debuxo técnico, coma no ordenador, usando o programa Autocad.