Onte tivo lugar na biblioteca Ánxel Casal a presentación do proxecto Regueifesta. O alumnado que participou estivo nun taller de regueifa na CSC da Trisca e regueifaron na Praza o Obradoiro. Ademais visitaron o Museo do Pobo Galego.
jueves, 30 de noviembre de 2017
lunes, 27 de noviembre de 2017
27N
No día de hoxe celebramos no centro o día contra a violencia de xénero.
2017-11-27 27N
No acto o alumnado do ciclo leu un manifesto. Un grupo de alumnas e alumnas tocaron Imagine de Lenon.
As delegadas e delegados xuntos cas subdelegadas e subdelegados de cada clase foron os encargados de soltar un globo en representación de cada clase.
Durante o recreo tamén inaguramos a aula de alumnado na que se estivo traballado neste trimestre para crear un espazo adicado ao xogo e para realizar traballos en grupo.

viernes, 24 de noviembre de 2017
Emparellamentos TEI
O alumnado e 1º e 3º ESO tivo unha sesión conxunta para coñecer cales ían ser os seu titores e titorando. Durante esta sesión repartíronse os carnets e fixeronse actividades para que o alumnado se puidera coñecer.
25N: Mulleres e homes pola igualdade
Luns terá lugar no noso centro, ás 11:15, a lectura dun manifesto co lema Mulleres e Homes pola igualdade, realizado polo alumnado de Ciclos ao que nos suscribimos todo o centro. Tamén se fará unha solta de globos e o alumnadodo instituto que toca na Banda Artística de Merza interpretará a canción Imagine de John Lennon, baixo a direción de Pablo Fernández Gúzman.
viernes, 17 de noviembre de 2017
Presentación TEI 1º ESO
Hoxe tivo lugar a presentación do TEI (Títoría entre igual), proxecto no que o centro leva traballando durante dous anos, para o alumnado de 1º de ESO. Durante esta sesión estiveron traballando coas súas titoras (Susana e María) e o orientador (Fernando) como se poden contribuír á convivencia no noso centro.
jueves, 16 de noviembre de 2017
Mes da Ciencia en Galego
O alumndo de 2º ESO de Física e Química, estivo traballando, durante este mes, coa súa profe Charo. Elaboraron unha lámpada de lava caseira e con ela estudamos a densidade das sustancias. Experimentaron con varias mezclas e traballamos a densidade: auga+ aceite; auga+ colorante
Para rematar a lámpada engadeuselle unha pastilla efervescente que o contacto coa auga produce CO2, este sube con auga que está coloreada e fai unha burbulla no aceite o que simula a lava. Ao chegar á superficie o gas sae e a auga volve ao fondo.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)