E chegou e Samaín e con el o Magosto no Camballón. No día de hoxe o alumnado do centro pudo comer castañas e disfrutar dunha xornada chea de xogos. Aquí tedes unha mostra de como o pasaron.
viernes, 28 de octubre de 2022
Samaín e magosto
Etiquetas:
Magosto,
Samaín,
Xogos,
Xogos tradicionais
jueves, 27 de octubre de 2022
Preparando o Samaín
No Camballón xa está todo preparado para mañá vivir unha xornada terrorífica, así que vir preparadas e preparados para o que poida pasar.!


martes, 25 de octubre de 2022
Club de lectura de 4º ESO
Os martes temos club de lectura. Hoxe vos mostramos o grupo de 4 de ESO que está lendo Persepole, un libro de Marjane Satrapi, moi de actualidade polos sucesos acontecidos nas últimas semanas en Irán.
Venus de Willendorf
Durante estes días, ides poder ver no corredor do instituto esta exposición dunha deusa da fertilidade e do amor, caracterizada por abundantes peitos, grandes cadeiras, coroada por un tocado de trenzas e sen rostro.
Etiquetas:
1º ESO,
Paleolítico,
Relixión,
Relixións Primitivas,
Venus Willendorf
lunes, 24 de octubre de 2022
Gravación no Camballón
O director de documentais mexicano Miguel Angel Martínez estivo gravando o alumnado de Regueifa no IES Marco do Camballón de Vila de Cruces.
Atranques do Ulla, regueifa, xogos de rimas e gravación con dron. O material formará parte dun documental sobre improvisación oral que Martínez está a gravar en diferentes territorios como México ou Cuba... e que dará a volta ao mundo!
Xincana Día das bibliotecas
Hoxe, día das bibliotecas, tocou unha xincana polo centro para o alumnado de 1º ESO. O alumnado en pequenos grupos tiñan que facer unha investigación para resolver enigmas e preguntas. Debían valerse de pistas, do instagram, do facebook, do blog, de profes, conserxes, administrativa do centro, de Patri.... Foron dúas sesións de busca imparable plo centro, para familiarizarse cos fondo da biblio e tamén para coñecer os recunchos do noso centro aos que nunca foran!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)