viernes, 22 de marzo de 2024

"Quérote Máis"


 Plan Proxecta Quérote Máis. Continuamos!


Desta volta deixamos un resumo do traballo efectuado no 2º trimestre co alumnado de 3º ESO e FPB no marco do programa de educación afectivo-sexual "Quérote Máis". 

Tras rematar algunha tarefa pendente...adentrámonos na diversidade afectivo-sexual! Na presentación que se xunta no enlace, podedes consultar as obras que realizou o alumnado, a fin de promover o respecto cara as distintas identidades e orientacións sexuais. 

Pero non só iso...Tamén tivemos tempo para investigar sobre o amor romántico e detectar os mesmos na música, literatura, publicidade...

Finalmente, abordamos a importancia da prevención. O alumnado descubríu a través de variadas metodoloxías e actividades os distintos métodos anticonceptivos e o seu papel na prevención de embarazos non desexados e ETS. Foron varias sesións interesantes nas que dialogamos sobre as preocupacións e dúbidas adolescentes, achegándonos tamén á regulación legal da IVE no noso país. 

Premendo nesta presentación podedes ver un resumo do traballado en imaxes.

Navega con Rumbo

O alumnado de 1º ESO e 1º FPB tivo a oportunidade de asistir á actividade, conducida por un enxeñeiro informático experto na materia, co que dialogaron de forma amena sobre internet e as oportunidades e perigos que pode levar asociados.


Dende logo, serán moi útiles os seus consellos e ter presente sempre o decálogo do bo uso de internet para unha navegación segura!

V Olimpíada Científica Xuvenil Española (OCJE)


 Alumnado de 2º e 3º de ESO, participando na V Olimpíada Científica Xuvenil Española (OCJE). Este é un certame científico interdisciplinario e colaborativo, aberto a equipos de 2 estudantes .

 O alumnado terá que combinar os seus coñecementos de matemáticas, física, química, xeoloxía e bioloxía, poñendo a proba as súas habilidades dedutivas e pensamento creativo.

O viacrucis no Camballón

 

O alumnado de 2º de ESO leva un tempo preparando o percorrido de Cristo durante a Paixón, dende o Pretorio de Pilato ata o Calvario, coñecido como
Viacrucis ou Vía Dolorosa. Tiveron en conta as estacións ou escenas descritas nos Evanxeos. Gravaron os textos e diseñaron o atuendo que ían empregar.



jueves, 21 de marzo de 2024

Día da poesía

 

Conmemoramos do día da poesía lendo poemas de LuísaVillalta, autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.


Visita á Fundación Xosé Neira Vilas



Hoxe o alumnado de 1º ESO foi de visita á Fundación Xosé Neira Vilas. Iria Aldegunde falounos da súa Banda Deseñada "Memorias dun neno labrego".


 Xosé Manuel Lobato fixo umha visita guiada moi interesante. Viva Neira Vilas!
No cementerio de Santiago de Gres fixemos unha homenaxe a Xosé Neira Vilas e a Anisia Mirandao botando unha regueifas na súa honra.


Tamén cantamos e fixemos un concurso de aturuxos e na Ponte Ledesma coñecemos a historia da Batalla de Ponte Ledesma.