martes, 30 de abril de 2024

Voluntariado - Cruz Roja


Dende a sede de Cruz Roja en Lalín, visitáronnos dúas voluntarias que deron a coñecer o traballo de voluntariado ao alumando do ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia. Foi unha sesión moi interesante na que puidemos coñecer os ámbitos aos que se dirixen estas accións solidarias (maiores, infancia, inmigración, medio ambiente...) e o que se fai en cada un deles. Ser persoa voluntaria en Cruz Vermella é moi sinxelo: podes cubrir unha solicitude online, chamar por teléfono ou achegarte ata unha oficina física, onde te informarán ao respecto. O máis importante é ter ganas!

Educación emocional: ME-DITO

Este curso traballamos a educación emocional a través do programa Descubíndonos, impartido por Anacos Educativos, no marco dos contrato-programa Emocióna-T.

En 1º da ESO puxemos en marcha o proxecto ME-DITO, un proxecto que pretende a de-construción da persoa dun xeito respetuoso consigo mesma e cos demais, favorecendo o coñecemento das emocións e a súa expresión, mellorando a comunicación e achegando ao alumnado á meditación, atención plena e
respiración consciente.  

En definitiva, adquirimos habilidades sociais e emocionais co fin de coñecernos e mellorar o benestar con nós mesmos/as e cos demais. Nesta ligazón  podedes ver un resumo gráfico do que estivemos a traballar.

Ruta de San Pedro Añobre

O alumnado de 4º de ESO presentaron a Ruta de San Pedro de Añobre, acompañados de Mónica Salgado Sueiro, veciña do  lugar,  quen nos explicou e aclarou dúbidas sobre a infomación que recolleran. 

Iniciaron a ruta circular que arranca no cruceiro do lugar de Añobre, pasaron polo lavadoiro de Eirexe, a Igrexa de San Pedro (onde viron canzorros románicos), o Castro no que se atopacampo da festa  e unha sobreira centenaria. Dende alí puideron ver dous castros o de Castromouzo en Camanzo e o de Ledesma (Boqueixón).

En Vilariño viron a fonte  e a sede do Galo Celta. Continuaron hacia a Costa onde tamén hai unha fonte e dous cruceiros de singulares. Dende este lugar pódese ver o río Ulla e a poboación de Bendaña do concello limítrofe de Touro co que había moi boa relación por tratarse do paso do camiño de Santiago que se facía empregando unha barca. Nesta zona hai unha pesqueira e o muiño de río da Casa de Diéguez. En Beuvas viron o muiño de Pereiro e a fonte do lugar. Continuaron hacia Vilariño de novo para ver un muiño e de volta en Añobre foron a escola, a casa da tía Ramona, a tecedeira e a casa do mestre.  Antes de dar por finalizada a ruta, viron o  lavadoiro e a fonte do lugar de Añobre de onde xa divisa o Cruceiro de onde partiran.

Grazas Mónica por acompañarnos neste fermoso percorrido!!







Powered by Wikiloc

lunes, 29 de abril de 2024

Premios escritura rápida



 

Entrega de diplomas aos gañadorxs do concurso de escritura rápida que tivo lugar durante a hora de ler para conmemorar o Día do Libro! Parabéns para África, Victoria, Olaf, Andrea e Ricardo polos seus relatos!! 

viernes, 26 de abril de 2024

Apadriñamos en Piloño

 Hoxe tocou viaxar ata o CEIP Cerdeiñas de Piloño para facer o apadriñamento lector ao alumnado de Infantil. Lemos contos no patio e corredores do centro e tamén tivemos tempo para compartir experiencias e xogar. Moitas grazas ao profesorado e ao alumnado do cole por permitir que esta actividade se levara a cabo. Un día para recordar!.







Piloño e a Extraña desaparición de Carolina Santomé

 O alumnado de 1º e 2º de ESO de Relixión percorreron hoxe Mourenzo (Piloño), o lugar onde nace e vive Carolina Santomé. Partimos da panadería de Juan, pasamos pola parada de bus, o campo da festa ou tamén chamado o 21, a casa dos avós Águeda e Ándrés (Pazo de Raíndo), a Igrexa de Santa María (onde se celebran as festas patronais de: Santa María, San Roque e a Virxe das Dores e onde casa Carolina). a escola de Don Eulogio e rematamos na fundación Paco Lareo (que fala do ferreiro Anselmo, pai de Carolina, que comparte oficio con Don Manuel Lareo, pai de Paco).