lunes, 24 de junio de 2024

Viaxe á Toscana

 

 

 O alumnado de 2º Bacharelato rematan o seu paso polo Camballón cunha viaxe a Toscana. Visitaron Montecatini, Bolonia, Pisa, Luca e Florencia.


martes, 18 de junio de 2024

Club lectura adultos

Hoxe despedimos o club de lectura de adultos! Durante este curso reunímonos os luns na hora do recreo para comentar e compartir lecturas. Moitas grazas a Maruja por esa deliciosa torta de améndoa que nos fixo!!

 

Proxectos de Inglés

 In 1st Bachillerato, we've concluded this year with these amazing projects. Students could choose whether they wanted to do them about a film, a TV show, a TV program or a novel. As you can see, they've shared through their projects information, fun facts, curiosities and much more about them. Moreover, they had to create an alternative ending or change the rules of the program. They've done not only good projects, but actual works of art! Take a look at them! We're so proud of their work and creative skills! 


En primero de Bacharelato, rematamos o curso con estos proxectos tan increíbeis. O alumnado podía elixir se querían facelo dun filme, dunha serie, dun programa de televisión ou dunha novela. Como vedes, compartiron a través dos seus traballos información, datos curiosos e moito máis. Ademáis, tiñan que crear un final alternativo ou cambiar as regras do programa. Non só fixeron proxectos moi bos, senón verdadeiras obras de arte! Votádelle un vistazo! Estamos moi orgullosos do seu traballo e das súas habilidades creativas! 



viernes, 14 de junio de 2024

Graduación 2º Bacharelato

 O alumnado 2º Bacharelato remata hoxe a súa etapa no Camballón. Foto foi realizada por José Ramón Moire Silva. Parabéns!!




Graduación de 4º de ESO

 Hoxe o alumnado de 4º de ESO remata un ciclo e quixo facer un acto de graduación. Parabéns!!



Graduacióndo alumnado de TAPSD

 Hoxe o alumnado de 2º TAPSD tivo o seu acto de Graduación no Auditorio Xosé Casal, rematando así a súa etapa no Marco do Camballón. Parabéns a todo o alumnado!!