viernes, 4 de octubre de 2024

Novidades da biblio

 



Dirixidos por Alejandra e Alba o alumnado de 1º Bacharelato falaron dalgúns libros que están a ler.  Se queredes ollar algún podedes pasar pola estantería das novidades que alí están case todos expostos. Senon os atopades preguntade ou ben o equipo de Voluntariado ou o equipo da Biblio para que vós axuden a localizalo.


Obradoiro de costura



Iniciamos os obradoiros de costura dentro dos recreos culturais!! Hoxe a nosa profe Maruja ensinounos a bordar o noso nome, a hilvanar unha tea e outros moitos trucos. Estades a tempo de apuntarvos!! Os venres, durante o recreo na biblio!!





jueves, 3 de octubre de 2024

Visitamos o laboratorio de Bioloxía




O alumnado de 1ºESO do noso centro acudiu ao laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía a realizar unha práctica de identificación de exemplares de minerais e rochas. Con esta actividade puideron afondar e afianzar os contidos traballados durante as sesións de clase dunha forma máis práctica e divertida!

Os resultados foron estupendos! Os diferentes equipos lograron identificar un total de 12 exemplares (6 minerais e 6 rochas) nun tempo récord!

 





viernes, 27 de septiembre de 2024

Novidades da biblio



Arranca a radio!! 

Este ano hai algunha que outra novidades que podedes escoitar nos corredores ou na Radio Camballón.






O alumnado de 1º Bacharelato fixo algunhas suxestión de lectura  das adquisición que fixo a biblioteca no mes de setembro.


Esta sección veu para quedarse!!

Grazas a Xabi e a Nico que hoxe estiveron os mandos da radio. 


jueves, 26 de septiembre de 2024

Club de costura

 

Arranca os venres o Club de Costura da mán dunha gran experta na materia, Maruja da Cunca. Este curso ten novos proxectos que vos poden interesar, asíque o venres ás 11.30 pasade pola Biblio.

martes, 24 de septiembre de 2024

Formación Tapsd




O alumnado do primeiro curso do Ciclo de TAPSD visitou a biblioteca para coñecela e familiarizarse cos fondos e as normas de funcionamento. O grupo interesouse

moito polos libros de psicoloxía que temos na aula do alumnado e levou en préstamo alguns deles, tamén novelas actuais e clásicos da literatura! Parabéns polo voso interse pola lectura! Esperamos que nos visitedes con frecuencia e sigades levando en préstamo moitos libros e películas da nosa biblio!