miércoles, 27 de noviembre de 2024

Mes da ciencia en galego


Que mellor maneira de celebrar a ciencia en galego que xogar a ser científicx?
O alumnado de 1ºESO acaba de estudar a hidrosfera e as súas características, entre as cales se atopan as propiedades da auga. 




Co fin de afondar e interiorizar mellor os contidos, a profesora propúxolles que deseñaran unha posible práctica de laboratorio (por grupos) para demostrar cada unha das propiedades da molécula da vida. Tras o deseño das demostracións, puxéronse "mans á obra" no laboratorio. O resultado foi fantástico! 
Xogaron a ser científicxs, realizando os pasos do método científico, e ademais fixeron de profes dxs compañeirxs, explicándolles detalladamente o traballo levado a cabo en cada grupo.







 

martes, 26 de noviembre de 2024

Ravegueifa

 Ravegueifa? Si! Experimentando con novos xéneros musicais: RaveGueifa.


O alumnado do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces comezou a desenvolver un proxecto para improvisar cantando en verso baseado no rave, a electrónica. E é en colaboración con Sam Dharma.

Sam é un señor de Ferreirós, en Vila de Cruces. Trátase dun “Trasno Trad da Galicia” que fai música galega do patrimonio tradicional, de xeito sintético, con espírito agropunk, tecnohippytano e alma universal. Fai música para raves, música para sexo. 

É un músico que regresou á aldea da súa familia. Así valora o seu regreso á súa casa familiar: "Sempre tiven moi claro onde quería gravar as miñas gaitas para Luama. A casa de Santiso leva centos de anos vibrando co son das harmónicas construídas polas mans dos meus antebrazos. Non será unha sala acústica controlada profesionalmente, pero a vibración nunca poderá igualar o que sinto aquí. A música é vibración e non pode ser mellor. Podes ir grabar a Abbey Road pero, sendo un neno de máis de catrocentos anos, eu son o privilexiado. Centos de Santos apertando os dedos e respirando o alento nas miñas costas, apoiándome. ".

Con Sam comeza outro camiño para modernizar a regueifa e a nosa lingua. Crear improvisación oral cantada con bases electrónicas para sexo rave e Luama Son System: RaveGueifa.

Seguiremos este experimento de preto!

lunes, 25 de noviembre de 2024

25N. Queremos un Instituto libre de Violencia Machista!!

 

Queremos un Instituto libre de Violencia Machista!! Con este lema, arrancou hoxe este acto onde o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato trataron de sensibilizar sobre a existencia e a importancia de recoñecer a violencia de xénero, mostrando como se sinten e recordáronnos o número de víctimas, nada menos que 42.
Visionaronse varios vídeos e leron textos un fragmento da obra de Marilar Aleixandre, A cabeza de Medusa.
O acto tivo lugar no ximnasio do centro e nel participou todo o alumnado, profesorado e personal non docente do centro.

miércoles, 20 de noviembre de 2024

Álex Ferradas


 Hoxe acompañou Álex Ferradás. 

Contounos a súa experiencia vital e explicounos que ir en silla de rodas non é un impedimento para facer deporte. Participou en en retos como a maratón de San Sebastián ou o Desafío das illas Cíes. Compite dende o 2017 en ciclismo adaptado e é o presidente do club de rugbi de Lalín. O alumnado de 2º de Bacharelato realizou unha entrevista na radio para coñecer a súa traxectoria.




 Os grupos dos ciclos de Soldadura e TAPSD asistiron a unha charla para coñecer a súa experiencia. Moitas grazas pola túa visita!!



lunes, 18 de noviembre de 2024

Somos iguais? Prevención da violencia de xénero


 Achégase o 25N, unha data sinalada no calendario por conmemorarse o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. Por este motivo e sendo conscientes da importancia da educación nesta materia, levouse a cabo a actividade "Somos iguais? Prevención da violencia de xénero", impartida por unha psicóloga infanto-xuvenil ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.  

Na sesión, abordouse a cuestión do xénero como constructo social e a súa implicación no feito de ser home ou muller. Pero..., somos iguais homes e mulleres? O alumnado aportou a súa visión e achegouse ao concepto de violencia de xénero, entendida como aquela que se exerce sobre as mulleres polo feito de selo, ou ao consideralas en inferioridade. A este respecto, a violencia non debe tolerarse nas relacións de ningún tipo, tampouco nas relacións de parella, e desto deben ser conscientes homes e mulleres. 

Ter relacións saudables esixe un exercicio de conciencia polas partes implicadas, que pasa, entre outras cousas, por marcar límites claros e non tolerar que estes sexan traspasados. Respectar aos demais e respectarse a un mesmo/a é a base para establecer relacións saudables e en igualdade.  

viernes, 15 de noviembre de 2024

Obradoiro sobre saúde mental


Ao longo deste curso colaboraremos coa Asociación Fonte da Virxe, que levará a cabo unha serie de obradoiros sobre saúde mental, principalmente con alumnado de 4º ESO. 

Nunha primeira xornada introdutoria, a rapazada puido coñecer a labor da asociación e aproximouse ao concepto de saúde e trastorno mental, rompendo estigmas, pois son cuestións que poden afectar a calquera persoa.

Tratouse dunha primeira toma de contacto que terá continuación nos trimestres seguintes, a fin de traballar e fortalecer a autoestima,  habilidades de comunicación e afrontamento da presión grupal, entre outras.