lunes, 10 de noviembre de 2025

Visita ós laboratorios do CICA, CITEEC e á DOMUS


O pasado venres o alumnado de 4 °ESO, 1° de bacharelato e 2° de bacharelato das materias física,
química e bioloxía, viaxou a Coruña.



Os distintos grupos realizaron unha visita guiada polos laboratorios da CICA e do CITEEC. A continuación, realizaron una visita libre pola DOMUS. Na DOMUS ou casa do home exploraron exposicións interactivas sobre o ser humano e aprenderon xogando con experimentos. 

Para rematar a visita xantaron co mar de fondo.








viernes, 7 de noviembre de 2025

Participación nos Premios José Hermida da Cadena SER Pontevedra

 

O alumnado voluntario da radio do centro, xunto co alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de Relixión, participou nos Premios José Hermida organizados pola Cadena SER Pontevedra.




Durante a xornada, o alumnado tomou parte nun programa de radio en directo, o que lles permitiu coñecer de primeira man como funciona un espazo radiofónico profesional: cabina, control técnico, guionización e tempos de emisión.





Ademais, recibiron unha formación práctica centrada na dicción, a lectura en voz alta e as técnicas básicas para a creación e realización de programas. Esta actividade contribuirá a mellorar as súas habilidades comunicativas, a confianza na exposición oral e o traballo cooperativo.


Trátase dunha experiencia significativa que recoñece e impulsa o papel da comunicación como ferramenta educativa e de participación activa na realidade social e cultural.


Rematamos dando un pequeno paseo por Pontevedra e comendo todos xuntos. 









Visita ao Museo de Pontevedra

O alumnado de 2º de Bacharelato, da materia Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia viaxou a Pontevedra o pasado xoves.









O grupo realizou unha visita guiada aos fondos do Museo Provincial. A partir das explicacións da guía, analizaron restos do noso patrimonio dende a prehistoria ata a actualidade. 






A actividade rematou cunha visita á Igrexa de Santa María, o interior, o exterior e o seu campanario, dende onde puideron admirar a vista da cidade.









Fundación Martín Álvarez Muelas

 


Hoxe Isabel Muelas, falounos da Fundación Martín Álvarez Muelas, fundación que crearon a raíz da enfermidade do seu fillo Martín..
 A  fundación naceu coa misión de apoiar aos pequenos pacientes con DIPC e ás súas familias, promovendo a investigación, mellorando a calidade de vida durante o tratamento e sensibilizando á sociedade sobre esta loita. Como son poucos os casos, non se fai investigación sobre esta enfermidade .
Isabel explicounos en que consistía a enfermidade e cal  é a situación, dende que lla detectaron ao seu fillo ata o día de hoxe. Avanzaron moito pero queda moito por facer. 
Por iso é importante recordar que todos podemos aportar algo, porque nesa situación pode estar calquera familia.
A empatía e o apoio non son grandes xestos heroicos, senón pequenas accións: como participar en actividades solidarias poden axudar a que se faga investigación, se poidan facer tratamentos experimentais ata que un día se poida conseguir un tratamento eficaz para esta enfermidade.                                                               
Cada pequeno xesto suma e está nas nosas máns facelo. 




jueves, 6 de noviembre de 2025

Visita a Radio Pontevedra e o Museo de Pontevedra

 O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de Relixión, xunto co voluntariado da nosa radio escolar,visita  hoxe a Radio Pontevedra!.  Participan nunha xornada de formación radiofónica nas instalacións de Radio Pontevedra.

Durante a visita, poden coñecer de preto o funcionamento dun medio de comunicación profesional, participar nun obradoiro práctico e mesmo intervir en directo no magazine local “Hoxe por Hoxe”

Aproveitando a viaxe, o grupo tamén realizan un percorrido polo patrimonio histórico e cultural da cidade de Pontevedra, descubriendo os seus espazos máis emblemáticos, se o tempo acompaña. 

Unha experiencia enriquecedora que combina aprendizaxe, comunicación e cultura, e que sen dúbida deixará moi boas lembranzas!

O alumnado de 2º de Bacharelato da materia de Xeografía, Arte e Patrimonio de Galicia realiza unha saída cultural ao Museo de Pontevedra, onde participará nunha visita guiada pola exposición permanente A historia de Galicia: dende a prehistoria ata a actualidade.

Durante a visita tamén poderán coñecer a mostra Tirando do fío. Unha historia da moda do século XIX, así como a exposición da artista Marta Pazos, que achega unha visión contemporánea e creativa da arte galega actual.

Para completar a xornada, o grupo visitará tamén a Igrexa de Santa María, un dos exemplos máis destacados da arquitectura relixiosa da cidade de Pontevedra.

miércoles, 5 de noviembre de 2025

Recomendacións para o mes de Decembro

 O alumnado de Relixión de 2º de ESO estivo na Radio para facer unhas recomendacións lectoras que xa están na nosa biblioteca para que as disfrutedes.

 Agradeder a Adrián, Yael, Xiana, Alejandro, Isabela e Ainara o seu traballo

Felices lecturas!!

Taller de Benestar Emocional

O alumnado de 1º de Bacharelato estivo a traballar con unha psicóloga do centro Quérote Máis sobre benestar emocional. Que son as emocións, as súas funcións e a súa influenza na conduta, foron algunhas das cuestións abordadas de xeito práctico, aprendendo sobre como manexar as ditas emocións para estar mellor con nós mesmos/as. 





martes, 4 de noviembre de 2025

I Concurso de curtametraxes Carlos Asorey Martínez

 

Hoxe o alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato tivo a oportunidade de participar como xurado do I Concurso de Curtametraxes Carlos Asorey Martínez. 



A xornada comezou coa presentación das dúas curtametraxes finalistas, Testemuñas dunha Illa e O que non falta, da man de Carmen Lareo, presidenta da Fundación Paco Lareo, e Alfonso Pato, director do Festival de Cans.




Tras o visionado, o alumnado emitiu o seu voto, contribuíndo activamente a esta fermosa iniciativa que busca recuperar e poñer en valor a figura de Carlos Asorey Martínez, pioneiro do cinema galego, e recoñecer o talento artístico e cultural do noso rural

 



O vindeiro 15 de novembro, na Solaina de Piloño (sede da Fundación Paco Lareo), terá lugar a entrega de premios.


Parabéns a todas e todos
os que fan posible este proxecto e manteñen viva a paixón polo cinema galego!




Mes da ciencia en galego

 


O pasado xoves o alumnado de 2º ESO e de PDC (3º ESO) creou caras terroríficas para celebrar o Samaín. 

Algúns grupos puxéronlle nomes con moito flow (véxase NAO, Lolalolain ou Arcoiris modo Bad Gyal), mentres que outros optaron por nomes máis tradicionais, como Budiño ou Adolfa. 




Que como as crearon? Pois empregando ingredientes ben coñecidos das nosas cociñas: vinagre, bucarbonato sódico, colorante alimenticio e xabón líquido. 

A mestura do vinagre e do bicarbonato deu lugar a unha reacción química que se manifestou a través dun desprendemento de CO2 e da formación de espuma. 

Velaí tedes o resultado. A que estades agardando para facer as vosas?










jueves, 30 de octubre de 2025

Magosto no Camballón

Hoxe no noso instituto celebramos o tradicional Magosto, unha festa que combina a alegría do outono coa tradición galega. A última hora, todos puidemos degustar as deliciosas castañas asadas, que foron preparadas polo Concello, agradecendo así a súa colaboración para facer deste día un momento especial para toda a comunidade educativa.

 

 

 

Ademais, algúns dos nosos alumnos animáronse a disfrazarse, conmemorando tamén o Día de Samaín, e achegando un toque creativo e divertido á celebración.





Obradoiro de Sexualidade


Recibimos a visita do centro Quérote Máis, que como cada curso, presentou o recurso ao alumnado de 3º ESO e desenvolveron con eles un taller sobre sexualidade, fomentando o respecto, tolerancia e prevención.