Mostrando entradas con la etiqueta Loño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Loño. Mostrar todas las entradas

martes, 4 de noviembre de 2025

I Concurso de curtametraxes Carlos Asorey Martínez

 

Hoxe o alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato tivo a oportunidade de participar como xurado do I Concurso de Curtametraxes Carlos Asorey Martínez. 



A xornada comezou coa presentación das dúas curtametraxes finalistas, Testemuñas dunha Illa e O que non falta, da man de Carmen Lareo, presidenta da Fundación Paco Lareo, e Alfonso Pato, director do Festival de Cans.




Tras o visionado, o alumnado emitiu o seu voto, contribuíndo activamente a esta fermosa iniciativa que busca recuperar e poñer en valor a figura de Carlos Asorey Martínez, pioneiro do cinema galego, e recoñecer o talento artístico e cultural do noso rural. 

 



O vindeiro 15 de novembro, na Solaina de Piloño (sede da Fundación Paco Lareo), terá lugar a entrega de premios.


Parabéns a todas e todos
os que fan posible este proxecto e manteñen viva a paixón polo cinema galego!




jueves, 30 de octubre de 2025

Coñecendo a Carlos Asorey Martínez

A Fundación Paco Lareo quere dar a coñecer a figura de Carlos Asorey Martínez, un destacado cineasta e cámara cruceño. Nado en Loño, Asorey desenvolveu unha traxectoria profesional marcada pola paixón polo cine e a imaxe, traballando en lugares tan emblemáticos como París e, xa de volta en Galicia, na
Televisión de Galicia (TVG).

A súa mirada creativa, o seu compromiso coa cultura e o seu labor no mundo audiovisual fan del unha persoa inspiradora, especialmente para quen soñan con contar historias a través da cámara.

Para honrar a súa memoria e promover o interese polo documental, a Fundación Paco Lareo organiza o I Concurso de Curtas Documentais sobre Carlos Asorey Martínez, unha iniciativa que busca achegar a súa vida e obra ao público e fomentar a creación audiovisual entre novas e novos creadores.

Como parte desta iniciativa, o noso alumnado terá a oportunidade de ver algunhas das curtas participantes, coñecendo de preto o legado de Carlos Asorey e descubrindo novas maneiras de mirar o mundo a través da cámara.

Ao mesmo tempo, participarán como xurado do certame, outorgando o Premio do Público e contribuíndo a poñer en valor a cultura no rural.