Hoxe o alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato tivo a oportunidade de participar como xurado do I Concurso de Curtametraxes Carlos Asorey Martínez.
Tras o visionado, o alumnado emitiu o seu voto, contribuíndo activamente a esta fermosa iniciativa que busca recuperar e poñer en valor a figura de Carlos Asorey Martínez, pioneiro do cinema galego, e recoñecer o talento artístico e cultural do noso rural.
O vindeiro 15 de novembro, na Solaina de Piloño (sede da Fundación Paco Lareo), terá lugar a entrega de premios.





No hay comentarios:
Publicar un comentario