viernes, 28 de febrero de 2025

Taller de Baile con Manuele Pardo. A tradición dentro da escola

 Hoxe estivo no Camballón Manuele Pardo, integrante de grupos como AILÁ, A Banda

das Crechas ou Os Estalotes, todos eles vencellados á música tradicional. 

A finalidade desta actividade é que o alumnado se acerque ao baile galego (centrándonos na xota e a muiñeira) e os seus movementos básicos.

O baile galego fórmase coa suma de diferentes pasos que podemos ir enlazando, acumulando e unindo como pezas de crebacabezas, colocándoos sobre a melodía de xeito improvisado e traballando cualidades como a creatividade, o desenvolvemento motriz fino e groso, a memoria coreográfica, o ritmo, o control espacial, o traballo en equipo, etc.


Bailaron o suelto pero non podía faltar o agarrado e dou claves para facer un balseo. Grazas Manuele, pasáronnos fenomenal!!



Manuele de Pardo. Mostra de instrumentos tradicionais.

 Manuele Pardo, integrante de grupos como AILÁ, A Banda das Crechas ou Os Estalotes, todos eles vencellados á música tradicional, mostrounos  os diferentes instrumentos da tradición galega (varios tipos de gaita, pandeireta, tambor, cunchas, castañolas, acordeón...), as súas partes, a técnica coa que se tocan e 
o seu son, que acompañaremos dalgunha canción contando coa participación do alumnado para facer deste unha práctica dinámica e interactiva.






Con esta mostra, buscamos que a rapazada coñeza e poña en valor os instrumentos da nosa cultura, sendo un patrimonio a respectar e coidar dende a infancia.

Remataron o taller botándolle unha peza e bailando, como ten que ser!!

miércoles, 26 de febrero de 2025

Participamos no congreso da NOSA

 

O alumnado de 1o BAC asistiu ao congreso anual da NOSA celebrado o 25 de febreiro, organizado en

Cerceda.

A NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega é un proxecto colaborativo promovido por varios centros

públicos galegos co obxectivo de lanzar unha cápsula estratosférica con distintos experimentos científicos.




O noso alumnado presentou os obxectivos do seu experimento: a estimación do radio terrestre a través de

datos de imaxe. No punto álxido do voo, cando a cápsula supere os 30 km de altitude, rexistraranse

imaxes da superficie terrestre a partir das cales o alumnado obterá unha aproximación do radio da Terra

empregando os seus coñecementos de trigonometría.

O lanzamento está previsto para o mes de maio.



Meco


 

martes, 25 de febrero de 2025

Visita a Fundación Laboral da Construcción

 O pasado mércores, o alumnado de 4º ESO e FP Básica visitou a Fundación Laboral da Construcción en Santiago de Compostela. Durante a visita, puidemos recorrer as súas instalacións e coñecer máis de preto a oferta formativa do centro especializada nas distintas áreas que forman parte do sector da construcción: albanelería, soldadura, electricidade, instalación de paneis solares...Unha visita moi interesante para coñecer as oportunidades de formación e emprego que ofrece este sector.

Meco



 Vendado virás,

e as/os compañeiros/as coidarás.




lunes, 24 de febrero de 2025

Rosalía e Castelao no Camballón

 








 Hoxe tivemos unha gran sorpresa!

Visitáronnos Rosalía de Castro e Castelao!


Chámanlle a “Marquesiña” e os seus peíños endexamáis se calzaron.

Vai á fonte, depelica patacas e chámanlle a “Marquesiña”.

Non foi á escola por non ter chambra que pór, e chámanlle a “Marquesiña”.

Non probóu máis lambetadas que unha pedra de zucre, e chámanlle a “Marquesiña”.

A súa nai é tan probe que traballa de xornaleira na casa do Marqués.

¡E aínda lle chaman a “Marquesiña”!


Este vaise y aquel vaise

E todos, todos se van,

Galicia, sin homes quedas

Que te poidan traballar.

Tes en cambio orfos e orfas

E campos de soledad,

E nais que non teñen fillos

E fillos que non tên pais.

E tês corazons que sufren

Longas ausencias mortás,

Viudas de vivos e mortos

Que ninguen consolará.



Percorreron as aulas do noso centro para ler fragmentos das súas obras  entre elas: A marquesiña e Este vaise i aquel vaise.


Meco







Mañá espertarás, 
e o pixama nos quitarás.


 

domingo, 23 de febrero de 2025

Rosalía de Castro

 

Las campanas

Yo las amo, yo las oigo,

cual oigo el rumor del viento,

el murmurar de la fuente

o el balido de cordero.


Como los pájaros, ellas,

tan pronto asoma en los cielos

el primer rayo del alba,

le saludan con sus ecos.


Y en sus notas, que van prolongándose

por los llanos y los cerros,

hay algo de candoroso,

de apacible y de halagüeño.


Si por siempre enmudecieran,

¡qué tristeza en el aire y el cielo!

¡Qué silencio en la iglesia!

¡Qué extrañeza entre los muertos!

viernes, 21 de febrero de 2025

Chegou o Meco...

Xa sabemos o que tiñan entre máns eses inquilinos que hoxe andaban polo Camballón, traer as encomendas do Meco para o luns:


Para o Meco sorprender,
na cabeza algo has de traer.


 

3...2...1



Estamos coa conta atrás, chegou a biblioteca que temos novos inquilinos  no centro.


No noso concello e na nosa comarca todo está preparado para comezar o Entroido e os Altos dos Xenerais.



Aquí podedes ollar toda a información para poder comprobar como é o Alto dos Xenerais da Ulla, festa declarada de Interes Turístico de Galicia.





Pero que deparará este ano o Entroido no Camballón? Quenes serán eses inquilinos....? Estade todas e todos atentos polo que poida acontecer...

Se vos queredes disfrazar, pasade pola biblioteca para apuntarvos para o concurso.



jueves, 20 de febrero de 2025

Aprendemos LSE

 




O departamento de TAPSD e a Biblioteca  propoñen a comunidade educativa que aprenda a linguaxe de signos, para iso, aquí deixamos un pequeno documento do que deberíamos saber expresar todas e todos. 


O noso obxectivo é difundir algúns signos básicos da nosa lingua, se queredes sabe máis na páxina da FAXPG tedes unha recopilación de signos agrupados por temáticas. 


Ide practicando .....

miércoles, 19 de febrero de 2025

Experimenta coas túas propias mans. Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

 



O pasado martes, día 11 de febreiro, conmemorouse o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, e que mellor forma de celebralo que invitar ao alumnado a que experimenten coas súas propias mans! 

Nesta ocasión, acudimos ao laboratorio co alumnado de 1ºESO para analizar diversas mostras aportadas por eles e elas mesmos. 







Vimos varias especies de liques e falamos da súa importancia como bioindicadores da contaminación;






observamos coa lupa os mofos nunha laranxa e nunha mazá e afondamos na importancia de descartar alimentos que non se atopen en bo estado; coa axuda do microscopio, puidemos ver como de rápido se dividen os lévedos que usamos nos nosos fogares para elaborar pan; analizamos mostras de auga estancada onde localizamos protozoos, algas unicelulares,...; tamén puidemos ver moas do xuízo e os efectos que causan sobre elas as caries, afondando nos hábitos saudables e coidado do noso corpo; e incluso puidemos observar o crecemento de bacterias en placas logo de que o alumnado de bacharelato recollese mostras en distintas partes do instituto. 

Con esta actividade de laboratorio puidemos repasar varios reinos dos seres vivos e as súas características, ao mesmo tempo que desfrutamos e igual ata espertamos a curiosidade dalgún/ha posible científico/a! 

martes, 18 de febrero de 2025

Continuamos a falar sobre a saúde mental

 Seguimos a colaborar coa asociación Fonte da Virxe, que nos visitan de novo para seguir formando ao alumnado de 4º ESO en saúde mental. Desta volta tocou abordar a educación emocional, aprendendo sobre emocións e a súa xestión, o que incide de forma positiva na psique das persoas.

Ademais, neste trimestre, levouse a cabo tamén un obradoiro sobre saúde mental co alumnado de 1º e 2º do CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

 As alumnas do ciclo puideron coñecer a asociación Fonte da Virxe e a súa labor e centráronse na saúde psíquica dende a perspectiva persoal e profesional.

Aquí pódense ver algunhas imaxes da actividade.





lunes, 17 de febrero de 2025

Souvenirs

O alumnado de francés asistiu a unha representación teatral o 12 de febreiro, en Santiago de Compostela.

Trátase dunha obra dirixida pola compañía teatral La  Bohème, que narra a historia dun científico eminente francés, chamado Étienne Garnier, e na que se introducen autores clásicos da literatura como VIctor Hugo ou Saint-Exupéry a través da intelixencia artificial. 








  Fixeron ademáis un recorrido polos lugares máis emblemáticos do camiño francés dende a rúa de San Pedro, pasando pola praza de Cervantes, para finalizar na alameda, podendo disfrutar dunha panorámica da Catedral.





O alumnado explícanos neste audío, que estiveron gravando na radio, o que fixeron o día que foron ver a obra de Teatro Souvenirs. Les mémoires d'Etienne de BBM Producciones, en Santiago!

viernes, 14 de febrero de 2025

Unha peza de deseño



 Para que se poida comprobar o nivel do alumnado do ciclo de SolCa, non hai máis que mirar esta peza que realizou Mohamed. 



Esta feita con varillas de situación en inox trenzadas, rodeadas de tiras de inox limadas ata alcanzar as dimensións necesarias. 
















A peza foise curvando ata cerrar o círculo e finalmente lixouse e puleuse para brillar a espello. 

Magnífico traballo Mohamed!!










San Valentín



 O verdadeiro amor non é outra cousa que o desexo inevitable de axudar a outra persoa para que sexa quen é. 

Jorge Bucay

Hoxe durante antes do recreo algunha persoa pode ter sorpresa!!


jueves, 13 de febrero de 2025

A radio, un recurso de intereses

 

 Dende fai máis dunha década tal día coma hoxe celébrase o Día Mundial da Radio, un dos medios de comunicación máis utilizado e que pode chegar a máis audiencia.


Para mostra temos a nosa temos voluntario que cada  recreo presta o seu tempo de lecer para facer un montón de actividades e programas. 




Son moitas as materias que empregan esta ferramenta no seu quefacer diario: Oratoria, IA, FOPP, Relixión, Xeografía, Filosofía, Castelá.... permitindo que se mellore a motivación, a expresión, a reflexión, a busqueda de información e a investigación,  as relacións persoais...