viernes, 17 de enero de 2025

Andaina a Besexos



 O alumnado de 1º de Bacharelato foron hoxe percorrer a ruta que van facer o día da Paz, se o tempo no lo permite. 

Esta ruta foi diseñado polo alumnado de 4º ESO, fai 3 cursos, que están incluída no Proxecto Somos das Cruces.









A onte entre o ensino medio e a USC


Nunha primeira toma de contacto cos estudos superiores, recibimos a visita de Luis Hervella, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, que achegou ao alumnado de 1º de Bacharelato información sobre a organización da universidade, os seus campus, estudos que se poden cursar e outras cuestións acerca de becas, residencias ou vida cultural e de ocio. 

jueves, 16 de enero de 2025

Edureferentes

Iniciamos a participación no proxecto Edureferentes, que trata de achegar ao alumnado información e acompañamento para facilitar o seu coñecemento sobre o mundo laboral dende unha perspectiva de xénero.

Nun primeiro momento, o alumnado de 3º e 4º da ESO asistíu a unha charla na que puideron coñecer a dúas mulleres referentes galegas no seu ámbito profesional. Posteriormente, tivo lugar un obradoiro sobre habilidades blandas co alumnado de 3º ESO, a través do cal a rapazada tomou conciencia da importancia de determinadas capacidades e competencias para o desempeño laboral, máis aló dos coñecementos teóricos. 


O proxecto, que se desenvolve en 20 centros galegos, culminará con mentorías individualizadas a cinco alumnos/as do instituto, favorecendo acompañamento no seu proceso de orientación vocacional. 

martes, 14 de enero de 2025

Impacto do cambio climático na poboación


O alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC da materia de economía e Bioloxía asistiu a unha charla

sobre o impacto do cambio climático na poboación. Na actialidade un gran número de persoas

vense obrigadas a abandoar os seus fogares a consecuencia do cambio climático. Secas,

inundacións ou vagas de calor son algúns dos fenómenos que ocasionan esta situación. A charla,

impartida por unha profesora de USC, tamén analizou a importancia dos proxectos de

sustentabilidade ambiental que se están a desenvolver na actualidade.

lunes, 13 de enero de 2025

Club lectura adultos


Iniciamos o segundo trimestre retomando o club de lectura de adultos. Nesta primeira sesión do ano comentamos Non penses nun elefante rosa de Antía Yánez e eleximos a nova lectura. Na seguinte sesión falaremos da obra O corpo de Cristo de Bea Lema, Premio Nacional de Cómic 2024.




jueves, 9 de enero de 2025

Visita a Fundación Neira Vilas

 O alumnado de 1° da ESO viaxou a Gres para visitar a Fundación Xosé Neira Vilas. Ali,  Xose M. Lobato, membro do padroado, realizou unha visita guiada e explicounos a vida e a obra do noso veciño


ilustre. 

Iria Aldegunde, autora da banda deseñada "Memorias dun neno labrego", adaptación da novela, deunos unha conferencia sobre o proceso de creación da súa obra: motivacións, influencias, retos, problemas, solucións...

O alumnado achegouse posteriormente ao cemiterio de Gres, onde se realizou unha homenaxe a Xosé e Anisia no que India, Sabela e Aldara cantaron unhas coplas.

Antes de marchar, sobre a Ponte Lesdesma, coñecemos, do punto de vista histórico, o desenvolvemento da Batalla de Ponte Ledesma, en 1809, entre o exército popular galego e o exército francés de Napoleón.