viernes, 3 de junio de 2011

EL CEMENTERIO DE PRAGA


Dáme vergoña porme a escribir, coma se espise a miña alma.» Así empeza o relato vital do capitán Simonini, un piamontés afincado en París que desde mozo se dedica ao nobre oficio de crear documentos falsos. Estamos en marzo de 1897 pero as memorias deste curioso individuo abarcarán todo o século XIX.

É unha homenaxe á novela propia da época, o folletín, son as novelas de Dumas e Sue as que inspiran ao falsario na creación dos seus documentos, do cal se deduce que é a realidade a que copia á literatura e non viceversa. No cemiterio de Praga, nada é o que parece e ninguén é quen realmente di ser: todo é segundo conveña, pois, ben mirado, a diferenza entre unha fada e unha bruxa é só unha cuestión de idade e encanto?

No hay comentarios:

Publicar un comentario