lunes, 3 de octubre de 2011

97 FORMAS DE TE QUIERO


Cristóbal decide dar un paseo polo parque. Cansado de tanto andar, acábase sentando nun banco e unha moza achégase a el. Esta rapariga confunde a Cristóbal cun tal Andrés. Daniela (así se chama a moza) sabe moito de Cristóbal (marcas de nacemento no seu corpo, o seu número favorito),... pero estes datos van acompañados dunha historia ocorrida fai vinte anos. Daniela conta a Cristóbal que no pasado era Ángela, a noiva de Andrés (el na realidade). Andrés enfermou e Ángela contoulle que cría na reencarnación, e que morrese pola súa enfermidade quedarían cada vinte anos no banco do parque. Andrés faleceu e como consecuencia Ángela acabou suicidándose. Cristóbal non pode crerse a historia, xa que el non se acorda de vivir ese momento, aínda que Daniela si. Ela volvera por amor, do mesmo xeito que el, aínda que non se acordase, así que lle di que o esperará dúas semanas no mesmo lugar ata que se acorde. Se non lembra, Daniela darase por vencida e abandonará ao seu verdadeiro amor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario