martes, 11 de octubre de 2011

AURORA BOREAL



O corpo de Victor Strandgard, o predicador máis famoso de Suecia, xace mutilado nunha remota igrexa en Kiruna, unha cidade do norte mergullada na eterna noite polar. A irmá da vítima atopou o cadáver, e a sospeita se cerne sobre ela. Desesperada, pide axuda á súa amiga de infancia, a avogada Rebecka Martinsson, que actualmente vive en Estocolmo e que regresa á súa cidade natal disposta a pescudar quen é o verdadeiro culpable. Durante a investigación só conta coa complicidade de Anna-Maria Mella, unha intelixente e peculiar policía embarazada. En Kiruna moita xente parece ter algo que ocultar, e a neve non tardará en tinguirse de sangue.


Premio á Mellor Novela Negra Sueca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario