jueves, 6 de octubre de 2011

DONDE NADIE TE ENCUENTRE

Un psiquiatra da Sorbona especializado en mentes criminais viaxa á Barcelona de 1956. Quere realizar un estudo sobre o caso de Teresa Pla Meseguer, chamada A Pastora, unha muller acusada de vinte e nove mortes. Trátase do maquis máis buscado pola Garda Civil, e converteuse nunha lenda popular porque segue libre. Só un xornalista barcelonés parece ter claves importantes en torno ao personaxe, pero o que o viaxeiro francés proponlle é algo fóra do normal: non desexa datos sobre Teresa, senón un encontro cara a cara.
O idealista Lucien Nourissier e o cínico Carlos Infante emprenderán esa viaxe ás terras do Maestrazgo, onde se esconde o seu case imposible obxectivo. Ao longo da súa investigación deberán sortear a vixilancia dos gardas, distinguir as pistas verdadeiras das falsas e esquivar o mil obstáculos que lles saen ao paso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario