miércoles, 19 de octubre de 2011

LA CULTURA HUMANA

Un completo estudo sobre a cultura, un concepto que, en opinión do autor, abarca toda a nosa conduta aprendida. Na primeira parte do libro Mosterín penétrase no terreo da filosofía da cultura e a antropoloxía cultural teórica. O resto da obra está dedicado a describir e analizar dimensións particulares da cultura contemporánea: a cultura escrita e audiovisual, a cultura asociada coa satisfacción das nosas necesidades vitais, como a bebida, a comida e o vestido, os desenvolvementos tecnolóxicos e sociais que están na base da crecente globalización cultural. Jesús Mosterín pasa revista a algúns momentos decisivos na historia da humanidade, como a revolución do Neolítico e as orixes da civilización, ofrece unha panorámica da antropoloxía cultural do século xx e as súas diversas escolas, analiza as comparacións interculturais, o etnocentrismo, o relativismo e o carácter ponderable ou imponderable dos trazos culturais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario