lunes, 19 de marzo de 2012

CRUZADOS O HEREJES


A consecuencia fundamental da guerra civil respecto da institución eclesial foi a construción dun discurso oficial que identificou o fenómeno relixioso como monopolio do tradicionalismo católico, e a leste cun Estado confesional e autoritario. Un relato exacerbadamente maniqueo onde non terían cabida aqueles católicos que apostaran polo diálogo sereno coa modernidade. Unha propaganda tan exitosa que sería reproducida intensamente tras a guerra polos dous bandos enfrontados, vencedores e vencidos. Unha invención ideolóxica que enterrou todos os esforzos previos de moitos, católicos e non católicos, por integrar o factor relixioso na Galicia moderna. A invención do sanguento enfrontamento entre cruzados e herejes provocou a marxinación ou a eliminación sistemática dos diversos proxectos, que, desde diferentes posicións, traballaran pola incorporación do catolicismo na democracia."

No hay comentarios:

Publicar un comentario