martes, 13 de marzo de 2012

O DIARIO VIOLETA DE CARLOTA


A protagonista adolescente: Carlota convídanos a pornos unhas 'lentes violetas'. Tras recibir o agasallo de parte da súa avoa Isabel nos seus catorceavos aniversarios, Carlota está a cadros: Tanto tempo esperando para conseguir ese CD... e agora saíanlle con esa charramangada dun diario. Por suposto o primeiro comentario que recibe é: ¡Así poderás e4scribir sobre os teus amores!; sorrindo tan estoicamente como lle é posible, a súa cara cambia ao escoitar a proposta da súa outra avoa: ¡Coa tapa rosa! e a mancha lila! por que non escribes un diario feminista??. Por suposto ela solta o típico: ¡Pero se xa conseguimos a igualdade, avoa!, ao que é rapidamente replicada: ¡Só conseguiremos un mundo máis xusto traballando. E para iso tes que escribir ese diario!. Nin curta nin perezosa, Carlota decide porse ao choio para descubrir canta verdade hai tras as palabras da súa avoa; a partir dese momento, será coma se todo ao seu ao redor cambiase, descubrindo aquí e alá pequenos retrincos dun machismo inexistente a primeira ollada; descubrirá como, a pesar de todo, o machismo segue presente na sociedade que nos rodea, en menor ou maior grao, ás veces dunha forma tan sutil que nin sequera aqueles que pronuncian esas palabras ou realizan esas accións son conscientes da verdade que se oculta tras os seus actos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario