17 de
abril de 2014
Adeus a Gabriel García Márquez.
Dentro da enorme explosión de talento narrativo que supuxo
o chamado “boom latinoamericano”, quizais non sexa inxusto considerar a García
Márquez a figura máis destacada dunha verdadeira pléiade de escritores de altísimo
nivel (Carpentier, Borges, Asturias, Vargas Llosa, Cortázar e moitos máis). Abandeirado da corrente coñecida como “realismo
máxico”, foi galardoado en 1982 co premio Nobel de literatura. Da súa
imaxinación naceron novelas e relatos breves que, sen dúbida algunha, figurarán
sempre entre as mellores creacións en lingua castelá:
Cien años de
soledad
El otoño del patriarca
El coronel
no tiene quien le escriba
Los
funerales de la mama grande
El amor en
los tiempos del cólera
La triste e
increíble historia de la cándida Eréndira y su abuela desalmada
Del amor y
otros demonios
Déixanos nun mes de abril, como fixeron Cervantes ou
Shakespeare.
No hay comentarios:
Publicar un comentario