CHEGOU
O DÍA
do 7000
Este mes de abril, estamos de celebración
na biblioteca:
- agasallamos aos nosos visitantes con cadernos, marcapáxinas e doces;
- entregamos a Celia Manzorro e Anaïs Cornado os premios do concurso de fotografía Con L de Lente, Lectura e Libro ;
- decoramos o noso espazo con imaxes e poemas de Penúltimas tendencias, o último poemario de Carlos Negro, que estará hoxe entre nós para comentar a súa obra.
E que é iso do 7000?
Pois
que a nosa biblioteca, entre libros, películas e CD de música, dá abeiro xa a unha
colección que acadou a cifra de 7000 exemplares. O número de rexistro 7000 ten
para nós un valor simbólico de continuidade, de expectativas cumpridas, de
traballo produtivo. Quixemos, polo tanto, que a obra que levase este número
fose especial e reflectise os valores e anceios da nosa comunidade educativa. E,
quen mellor que Carlos Negro, docente e poeta comprometido coa mocidade e co
ensino, para recibir este recoñecemento?
Pero
acadar esta meta, obríganos tamén a botar a vista atrás e percorrer en sentido
inverso e con nostalxia o camiño que nos trouxo ata aquí. Nesa ollada cara aos
inicios hai tres persoas que destacan porque puxeron os alicerces desta
biblioteca, botárona a andar e deseñaron o funcionamento que aínda nos segue
guiando: son María Anido, que nos
bota de menos como nós a ela e que segue as nosas andainas no facebook e no
blog Abre os ollos, Rosa Salgueiro,
que continúa traballando man a man con este equipo e é quen organizou o evento
de hoxe, e José Fernández Asorey, o
noso amanuense, unha peza de luxo na nosa biblioteca. Grazas aos tres e grazas
tamén a todos os que pasaron e pasades por aquí para facer que estes andeis cobren
vida cada día.
FELIZ 7000 A TOD@S
No hay comentarios:
Publicar un comentario