...E aquí está a noticia de calado que anunciabamos hai uns días: o martes 20 de maio, ás 12:00
h. no Auditorio Xosé Casal, recibiremos
a visita do Dr. Ángel Carracedo Álvarez que pronunciará unha charla titulada
"As aplicacións da xenómica no mundo actual". O profesor
Carracedo, catedrático de Medicina Legal da USC, director do Instituto de
Medicina Legal de Santiago e da Fundación Galega de Medicina Xenómica (onde
coordina un grupo que se converteu en líder mundial en xenética forense e de
referencia en xenómica comparada e de poboacións) é, probablemente, o científico
galego con máis proxección internacional ademais de gran comunicador e
divulgador, capaz de achegar a todo tipo de público, de xeito ameno e
instrutivo, as liñas xerais da súa ciencia.
Esta actividade está aberta a toda a Comunidade Educativa e ao público en xeral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario