Onte,
mércores 30 de abril, tivemos a visita de Jorge Mira que nos tivo entretidos e
expectantes durante… case dúas horas! Falounos, en clave humorística e
desenfadada, de cuestións científicas variadas que foron dende a evolución das
especies, a aparición dos órganos sexuais nos mamíferos e o porqué da súa morfoloxía
ata cuestións onde a ciencia e a filosofía se disputan o protagonismo -que
había antes do Big Bang? pode a ciencia explicar o que aconteceu antes do
momento 0?
Ao
rematar a súa exposición houbo unha quenda de preguntas e finalmente unha sesión
fotográfica na que boa parte do alumnado presente na charla (3º e 4º de ESO e
1º de Bacharelato) quixo retratarse (selfies incluídos) co protagonista do noso
broche de ouro ao mes da lectura, no que a biblioteca quixo, una vez máis, poñer
a ciencia no punto de mira.
Tamén asinou no noso libro de visitas:
E aquí tedes as súas dedicatorias:
E se alguén quere repetir, aquí podedes ver o vídeo da súa charla:
Pero
isto non é todo, amigos, aínda hai máis.
Estade
atentos ao blog porque en breve publicaremos unha noticia de gran calado!
No hay comentarios:
Publicar un comentario