viernes, 20 de junio de 2014

Namorados das ciencias



Comezamos este curso que agora remata lembrando uns versos de Kavafis:

Cando saias de viaxe cara á Ítaca,
desexa que o camiño sexa longo,
cheo de aventuras, cheo de coñecementos...

Palabras evocadoras do periplo de Ulises en procura do seu lar, da dilatada travesía na que tantas xentes e terras ignotas ía descubrir.
Neste século XXI, no que xa se traspasou a última fronteira, no que o Everest, antaño cume inexpugnable, é case un destino turístico máis, a vertixe do descoñecido e a chamada da aventura veñen agora do vasto océano da ciencia.
E como Ulises, hai tres milenios, tamén nós hoxe portamos o noso saco de Eolo: a curiosidade, que enche de continuo as nosas velas.
E non paramos de facernos preguntas:

É verdade que o cristal é un líquido?
Cal é a orixe do cero?
Por que non se oxida o aceiro inoxidable?
Son cousas que eu non sei
Como a razón pola que se producen as resacas
Ou pola que as postas de sol son de color laranxa
Por non falar xa
De cómo se mide o peso dun planeta
Ou de por qué dormen as quenllas e os golfiños sen afogarse
Amor meu
Látego centrífugo de algas siderais
Enigmas como o de se é verdade que a suor dos hipopótamos é rosa

Así somos e así nos temos un ao outro
A ciencia eu e ti

(Látego de algas, Antón Reixa)

Quizais non atopemos todas as respostas. Pero a viaxe, ben paga a pena.

Feliz verán a tod@s!



Carla Castro Pedreira, Scientia, recreación do poema Látego de algas


 Cecilia García Soto, Sentido, recreación do poema Látego de algas


David Pedreira Chorén, Sen título, recreación do poema Látego de algas

No hay comentarios:

Publicar un comentario