miércoles, 22 de marzo de 2017

Tales no Camballóns Films

 

Novos vídeos para "Tales no Camballón Films"

 

XOGANDO AO NIM
O NIM é un xogo clásico que ten sido obxecto de múltiples análises desde as matemáticas. Del existen moitas variantes e no vídeo explícanse as estratexias a seguir para gañar en cada caso.
Autoría: Almudena Moreiro, Lucía Puga, Elena Calviño, Aleixandra Torres, Alba Guzmán (1º ESO)

CADRADOS MÁXICOS DE ORDE MÚLTIPLO DE 4
Neste vídeo coñeceremos polo miúdo a historia dos cadrados máxicos e, en concreto, a daqueles de orde múltiplo de 4. Existen procedementos para construílos, intercambiando unha serie de cifras por outras, e que se explican aquí.
Autoría: Xiana Silva, Nuria Torres, Lidia Sanmartín, Íker Álvarez, Brais Vilar (1º ESO)

O PARADOXO DO CUMPREANOS
Cantas persoas debemos reunir para termos unha probabilidade superior ao 50% de que cando menos dúas delas cumpran anos o mesmo día? Seguro que pensas que é un número moito máis maior do que en realidade é. Neste vídeo vemos unha primeira aproximación ás ideas que empregarán nos cálculos, que botan un resultado inesperado.
Autoría: Diego Guerra, Alberto Alonso, Denís Carballal, David Gómez (1º BAC)

GRANDES SUMAS
Podemos sorprender á xente ao realizar enormes sumas de números en apenas uns segundos. No vídeo explícase un efecto usado moi adoito na maxia que simplifica a maneira de sumar con tal de saber en que consiste a propiedade asociativa e algunha cousa máis que se revela no interior.
Autoría: Breogán López, Nicolás Verde, Joel Miguélez, Santiado Méndez, Yassine Fouzi (1º ESO)

A LATITUDE E A POSICIÓN DO SOL
Facilmente podemos construír un astrolabio caseiro co noso teléfono móbil cunha app de inclinómetro e unhas poucos cousas máis que todas/os temos na casa. Neste vídeo explicaremos como empregar o noso astrolabio para determinar a latitude da nosa posición xeográfica a través do Sol.

Un traballo para NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega.

Autoría: Julieta Penas, Sergio Areán, Rubén Salvado e Alberto Mejuto (1º BAC).

ERATÓSTENES E O CÁLCULO DO RADIO TERRESTRE
É ben sabido que Eratóstenes de Cirene (matemático, astrónomo e xeógrafo que viviu no s. III a.c.) foi quen calculou por vez primeira o radio terrestre. Neste vídeo explícase de maneira sinxela como o fixo, ademais que coñecermos outras das súas contribucións ás matemáticas.

Un traballo para NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega.

Autoría: Xaime Cea, Diego Alonso e Álex Varela (1º BAC)

O AZAR E O NÚMERO PI
Podemos obter o número PI de maneiras moi diferentes. Por extraño que pareza, unha delas é por medio azar. No vídeo realízase un experimento de base aleatoria (tipo Montecarlo) distribuíndo uniformemente grans de quinoa sobre senllos taboleiros, a través dos cales damos aproximacións aleatorias ao número PI. Inclúese o argumento matemático de por que ocorre isto, que sorprende pola súa sinxeleza.
Autoría: María Rey, Mirian Abeledo e Marta Blanco (1º BAC).

ARQUÍMEDES E O MÉTODO DE EXHAUCIÓN
Neste traballo coñeceremos algúns dos descubrimentos máis importantes de Arquímedes de Siracusa (287 a.c. - 212 a.c.), matemático, astrónomo e físico da Grecia clásica. 
Unha das súas achegas máis destacadas é o método de exhaución, que permite boas aproximacións ao número pi manexando principios básicos da xeometría.
Traballo realizado por Noelia García, Laura Blanco e Andrea Rivadulla (1º BAC).

No hay comentarios:

Publicar un comentario