Hoxe falamos e escoitamos moi e a moita distancia! Contamos contos e escoitámo los nunha videoconferencia con alumnado de centros de ensino de Galicia, Portugal e Cabo Verde. O IES Marco do Camballón participou durante o curso nun proxecto educativo internacional arredor da oralidade que, baixo o título " Estórias que se contan..." reuníu centros escolares de Portugal, Cabo Verde e Galicia, representada polo instituto das Cruces. O proxecto consistíu na recollida de contos e historias, na transcrición e ilustración dos textos orais e, por último, na creación de vídeos cos contos contados polo alumnado. Desde o Marco do Camballón o alumnado traballou o tema das festas, recollendo setenta historias sobre ese motivo. Costumes das romarías de antes, historias de amor, accidentes coas bombas de palenque, anécdotas das bandas de música, pelexas, bailes, as necesidades económicas da época e, sobre todo, a alegría das festas da xuventude daquelas épocas, protagonizan as " Estórias que se contan... na Galiza" que o alunado de Vila de Cruces recolleu das persoas maiores e actualizou contándoas coas claves do século XXI. A coordinadora do proxecto " Estórias que se contan" é profesora Ana Josefa Cardoso, da Universidade de Lisboa, profesora cabo- verdiana que impartíu durante a cuarentena as clases de lingua e literatura portuguesa na RTP. Especializada en bilinguismo e adquisição de linguas, impulsou proxectos de educación bilingüe portugués/cabo- verdiano no seu país de orixe, Cabo Verde. Por iso tamén puidemos coñecer o cabo- verdiano ou crioulo, a lingua propia de Cabo Verde, que está a entrar no sistema escolar. A situación de menorização lingüística do galego e do cabo- verdiano foi, por tanto, un dos temas de interese deste proxecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario