lunes, 24 de junio de 2024

Viaxe á Toscana

 

 

 O alumnado de 2º Bacharelato rematan o seu paso polo Camballón cunha viaxe a Toscana. Visitaron Montecatini, Bolonia, Pisa, Luca e Florencia.


martes, 18 de junio de 2024

Club lectura adultos

Hoxe despedimos o club de lectura de adultos! Durante este curso reunímonos os luns na hora do recreo para comentar e compartir lecturas. Moitas grazas a Maruja por esa deliciosa torta de améndoa que nos fixo!!

 

Proxectos de Inglés

 In 1st Bachillerato, we've concluded this year with these amazing projects. Students could choose whether they wanted to do them about a film, a TV show, a TV program or a novel. As you can see, they've shared through their projects information, fun facts, curiosities and much more about them. Moreover, they had to create an alternative ending or change the rules of the program. They've done not only good projects, but actual works of art! Take a look at them! We're so proud of their work and creative skills! 


En primero de Bacharelato, rematamos o curso con estos proxectos tan increíbeis. O alumnado podía elixir se querían facelo dun filme, dunha serie, dun programa de televisión ou dunha novela. Como vedes, compartiron a través dos seus traballos información, datos curiosos e moito máis. Ademáis, tiñan que crear un final alternativo ou cambiar as regras do programa. Non só fixeron proxectos moi bos, senón verdadeiras obras de arte! Votádelle un vistazo! Estamos moi orgullosos do seu traballo e das súas habilidades creativas! 



viernes, 14 de junio de 2024

Graduación 2º Bacharelato

 O alumnado 2º Bacharelato remata hoxe a súa etapa no Camballón. Foto foi realizada por José Ramón Moire Silva. Parabéns!!




Graduación de 4º de ESO

 Hoxe o alumnado de 4º de ESO remata un ciclo e quixo facer un acto de graduación. Parabéns!!



Graduacióndo alumnado de TAPSD

 Hoxe o alumnado de 2º TAPSD tivo o seu acto de Graduación no Auditorio Xosé Casal, rematando así a súa etapa no Marco do Camballón. Parabéns a todo o alumnado!!




martes, 11 de junio de 2024

Recomendacións lectoras. Ler ten premio


Recomendacións lectoras! Hoxe Lucía, Noa e Chema recoméndannos un libro que leron no club de lectura coa profesora Elena, "El Club" de Rafael Salmerón. Se liches un libro interesante e queres recomendalo, ven durante un recreo á biblioteca. Todas as recomendacións recibirán como agasallo un vale por un bocata para trocar na cafetería do centro! Xa sabedes, ler ten premio!! 


viernes, 7 de junio de 2024

Historia de una escalera. Buero Vallejo

Este venres, 7 de xuño, o alumnado de Dramatización do Camballón, coordinado por Araceli Costoya, xefa do Departamento de Lingua Castelá, estrenou a obra Historia de una escalera, de Antonio Buero Vallejo. Estes actores e actrices foron unha verdadeira revelación, dando vida as personaxes da obra diante da escenografía creada por Marta Cueto, xefa do Departamento de Plástica, que coordinou ó alumnado de 3⁰ de ESO en colaboración do Ciclo Medio de Soldadura. Todos os elementos luciron sobre os escenario onde Unai Ayude nos papeis de D. Manuel e sr. Juan, Nerea Canda como Carmina, Nerea Chacón interpretando a Paca, Felipe Cheffer como Urbano, Santiago Contreras como Fernando, Daniela del Río interpretando a Rosa, Xoana Mazás no triple papel de dna. Asunción, Pepe e Manolín, Victoria Méndez como Elvira, Naiane Penas no papel de Carmina filla, Xiana Rey sendo a sra. Generosa, Xiana Taboada como Trini e Xoan Vila no papel de Fernando fillo, colleitaron os aplausos dos seus compañeiros, pais e profesores, cun traballo de interpretación excelente. 
Parabéns equipo!!


 

jueves, 6 de junio de 2024

Mapa Topográfico Nacional de Vila de Cruces


 O curso pasado o alumnado de Plástica, coordinado por Marta Cueto, de 1º, 3º e 4º ESO comezaron a facer este proxecto do mapa topográfico de Vila de Cruces a escala 1:10000. Este ano rematou o que faltaba o alumnado de 3º ESO.

Estiveron traballando por equipos facendo plantillas,  recortando e superpoñendo goma eva  para crear o relevo das 28 parroquias que conforman o concello.

Entrevista a Boado, Mosteiro e Richard. Somos das Cruces

 
Hoxe tocou entrevistar a tres nativos das Cruces: Luis Boado, Manuel Blanco (Mosteiro) e Ricardo Rey (Richard).

As nosas locutoras do proxecto Xiana Sánchez e Alba foron as encargadas da mesa de mezclas e María, Cristina e Xulia foron as responsables de que os nosos invitados nos contaran máis datos sobre as Cruces, que nos sorprenderon. 



Tres homes que recordaron a súa nenez nas Cruces, como se escondían nas covas, a rivalidade que había para as festas, onde se enterraban os veciños e veciñas, que negocios había na aldeas, como vivían as tardes de cine e o entroido.... E sobre todo, como cambiou o pobo. Grazas aos tres por tanta información e a Richard por compartir con nós algunhas fotos do pobo.





miércoles, 5 de junio de 2024

Bocetos da obra Historia de una escalera


 O vindeiro venres, estrease a obra Historia de una escalera de Antonio Buero Vallejo. Marta Cueto do departamento de Plástica foi a encargada de deseñar o decorado da obra. Foi xunto co alumnado de 3º ESO  co que traballou neste proxccto. Primeiro coñeceron a obra e debuxaron o espazo onde ía acontecer a historia.

Tamén traballaron os persoaxes que aparecen na obra e fixeron varios diseños: Paca, don Juan, Urbano....

 Aquí deixamos algúns dos bocetos que o alumnado fixo.